Bandeira de Mónaco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
|Adopción = [[4 de abril]] de [[1881]]
|Adopción = [[4 de abril]] de [[1881]]
|Cores =
|Cores =
{{Lenda|#D40000|[[Vermello]]}} {{Lenda|#FFFFFF|[[Branco (cor)|Branco]]}}
{{Lenda|#E32636|[[Vermello]]}} {{Lenda|#FFFFFF|[[Branco (cor)|Branco]]}}
|Tipo = nacionais
|Tipo = nacionais
}}A '''[[bandeira]] de [[Mónaco]]''' está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor [[vermello|vermella]] a superior e [[branco|branca]] a inferior, cores [[heráldica|heráldicas]] da [[Casa de Grimaldi]] dende polo menos o ano [[1339]]. Mónaco usou unha bandeira como a actual bandeira de Estado pero na que figuraban as versións anteriores do [[Escudo de Mónaco|escudo de armas]] que foi utilizado practicamente dende a fundación do principado (salvo durante o período en que estivo anexionado a [[Francia]] de [[1793]] a [[1814]]). A versión actual da bandeira nacional foi adoptada o [[4 de abril]] de [[1881]]. Existiu un estandarte composto polo "losanxe" coas cores da Casa de Grimaldi (en terminoloxía heráldica "losanxe de [[prata]] e [[goles]]") moi usado durante o [[século XVII]].

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2010 ás 12:28

Bandeira de Mónaco
Bandeira de Mónaco
Características
Uso
Proporción4:5 (ou 2:3)
Adopción4 de abril de 1881
Cores     Vermello      Branco

A bandeira de Mónaco está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella a superior e branca a inferior, cores heráldicas da Casa de Grimaldi dende polo menos o ano 1339. Mónaco usou unha bandeira como a actual bandeira de Estado pero na que figuraban as versións anteriores do escudo de armas que foi utilizado practicamente dende a fundación do principado (salvo durante o período en que estivo anexionado a Francia de 1793 a 1814). A versión actual da bandeira nacional foi adoptada o 4 de abril de 1881. Existiu un estandarte composto polo "losanxe" coas cores da Casa de Grimaldi (en terminoloxía heráldica "losanxe de prata e goles") moi usado durante o século XVII.

Outras bandeiras

Bandeira de Estado

A bandeira de Estado de Mónaco é de cor branca, as proporcións da súa anchura e lonxitude son de 2:3. No centro da bandeira figura o escudo de Mónaco. Esta bandeira ten poucos usos respecto doutros países: Ízase no palacio do Príncipe, nalgunhas dependencias gobernamentais e como estandarte do Príncipe cando accede ao seu barco.

Estandarte do Príncipe

O estandarte do Príncipe é de cor branca e as súas dimensións son de 3:4 ou 5:6 se se usa con flocos. No centro figuran a coroa do Príncipe (que é unha coroa real) e dúas letras opostas que reproducen a inicial do nome de cada príncipe soberano.

Galería

Bandeiras semellantes

Excepto polas súas proporcións, a bandeira de Mónaco é idéntica ás bandeiras de Indonesia e do estado alemán de Hesse, aínda que ámbalas dúas son máis longas. Tamén é semellante á bandeira de Singapur, a cal ten ademais unha lúa crecente e cinco estrelas na parte superior esquerda, á de Polonia e á do estado alemán de Turinxia, estando nestas últimas dúas as cores invertidas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas