Comarca de Tabeirós - Terra de Montes: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: en:Tabeirós – Terra de Montes |
|||
Liña 43: | Liña 43: | ||
[[ca:Comarca de Tabeirós-Terra de Montes]] |
[[ca:Comarca de Tabeirós-Terra de Montes]] |
||
[[en:Tabeirós |
[[en:Tabeirós – Terra de Montes]] |
||
[[es:Comarca de Tabeirós - Tierra de Montes]] |
[[es:Comarca de Tabeirós - Tierra de Montes]] |
||
[[eu:Tabeiros-Terra de Montes]] |
[[eu:Tabeiros-Terra de Montes]] |
Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2010 ás 18:34
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Pertencen á Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra, os seguintes concellos: Cerdedo, A Estrada e Forcarei.
Esta comarca de 528,98 km² sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sul.
En 2009 a poboación era de 28.572 habitantes, dos cales 21.886 vivían no concello da Estrada, o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.
A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meriños gobernaban a comarca. En 1135 construiuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.
Demografía do concello
A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é bastante acusada, entre 1995 e 2008 a comarca perdeu ao redor de 3.500 habitantes (Ao redor dun 10% da poboación total). As principais entidades poboacionais do concello son:
- 1º A Estrada con 8.291 habitantes.
- 2º Figueroa de Arriba no concello de A Estrada con 471 habitantes.
- 3º Soutelo de Montes no concello de Forcarei con 454 habitantes.
- 4º Cerdedo no concello do mesmo nome con 421 habitantes.
- 5º Forcarei no concello do mesmo nome con 402 habitantes.
- 6º Pedre no concello de Cerdedo con 189 habitantes.
- 7º Os Bolos no concello da Estrada con 179 habitantes.
- 8º Berres no concello da Estrada con 176 habitantes.
Concellos
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes
-
Localización da comarca en Galicia.
-
Municipios e localización da comarca na Provincia de Pontevedra.
Ligazóns externas