Constante: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Konstans I.
Xqbot (conversa | contribucións)
Liña 48: Liña 48:
[[no:Konstans]]
[[no:Konstans]]
[[pl:Konstans (cesarz rzymski)]]
[[pl:Konstans (cesarz rzymski)]]
[[pt:Constante, imperador romano]]
[[pt:Constante (imperador romano)]]
[[ro:Constant]]
[[ro:Constant]]
[[ru:Констант]]
[[ru:Констант]]

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2010 ás 05:52

Busto de Constante

Flavius Iulius Constante (nado no ano 320 e falecido no 350) foi un emperador romano entre os anos 337 e o 350.

Foi o fillo máis pequeno do emperador Constantino o Grande e mais da súa segunda esposa Fausta, sendo nomeado César por Constantino, no ano 333.

No ano 337 morre o seu pai e, segundo estaba estipulado, o Imperio divídese entre os tres irmáns vivos e fillos de Constantino, correspondéndolle a Constante as provincias de África, Italia e tódolos Balcáns. Pero ainda era moi pequeno e o seu irmán Constantino II quedou coma rexente e titor das súas provincias.

Ao acadar a maioria de idade, solicita o fin da titoría e rexencia, pero Constantino II negouse, considerando que sempre dobregara a vontade do seu irmán pequeno e desexando que a provincia de África pasasee a ser gobernada por el e xunguila ás súas posesións. Pero Constante négase a isto e o enfrontamento entre os dous exércitos prodúcese en Aquileia, onde Constantino II morre, quedando polo tanto Constante coa parte Occidental do Imperio como único Emperador.

Os pais da Igrexa eloxiaron a figura de Constante, pero o certo é que era un emperador violento, cruel e avaricioso, libertino e dado á homosexualidade, pero revelouse coma un gran militar, xa que despois da batalla de Aquileia, fixo unha campaña contra dos sármatas, aos que derrotou, e a súa campaña nas Galias contra os francos, entre os anos 341 e 343, inclúe a pacificación das illas de Britannia

No 348 inicia co seu irmán Constancio II unha reforma monetaria, tendente a revaliar a moeda do vellón, que estaba a piques de provocar unha crise ecónomica no imperio. Pero no ano 350, fráguase unha conspiración no exército, e Magnencio, xeneral das tropas do Rhin, é nomeado Augustus polas lexións. Constante deuse conta de que perdera o favor do exército e fuxe de Italia cara Hispania, pero é recoñecido en Helena, localidade na Galia preto dos Pirineos, sendo asasinado.

Magnencio queda coma único emperador de Occidente, mais o usurpador terá pronto que loitar co emperador de Oriente e irmán de Constante, Constancio II.

Imperio Romano

Segue a:
Constantino II
Constante
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Constantina