Illa del Giglio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{| class="prettytable float-right" align=right style="width: 300px; font-size: 95%;" |- style="background-color: #aaa; font-size: 110%;" ! colspan="2" | Illa del Giglio |- | colspan=..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2010 ás 21:38

Illa del Giglio
Vista da illa
Datos
Capital
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Arquipélago Toscano
Linguas Italiano
Poboación (2009) 1.458 hab.
Superficie 23´80 km²
Densidade
Coordenadas [[coor dm|42|21|N|10|54|E}}
Maior Altura 496 m. Poggio della Pagana
Localización
Localización da illa

Giglio (italiano: Isola do Giglio) é unha illa e unha comuna italiana situada no Mar Tirreno, na costa da Toscana, parte da provincia de Grosseto.

Xeografía

A illa está separada 16 km do promontorio Argentario, principalmente montañosa, está case totalmente constituída por granito que culmina co Poggio della Pagana (496 m). O 90% da súa superficie está cuberta por vexetación mediterránea alternando con grandes bosques de piñeiros e viñedos, que permiten a produción do famoso "viño de Ansonaco". A costa ten 27 km de longo, composta de rocas, de suaves cantiis e varias baías suxestivas: Arenella, Cannelle, Caldane e Campese, a máis grande co seu pequeno pobo homónimo.

Unha praia na Illa de Giglio, co fin de Monte Argentario, na costa da [toscana].

Historia

A illa naceu probablemente fai de 4´5 a 5 millóns de anos, e foi habitada desde a Idade de Ferro. Máis tarde foi probablemente unha fortaleza militar etrusca. No marco dominación da Antiga Roma era unha importante base no mar Tirreno, citada, por exemplo, por Xulio César no seu De Bello Gallico e polo poeta Rutilius Claudius Namatianus.

No ano 805 foi doada por Carlomagno á abadía de Tre Fontane en Roma, e máis tarde foi unha posesión das familias Aldobrandeschi, Pannocchieschi, Caetani, Orsini e a comuna de Perugia. En 1241 a flota siciliana do emperador Frederick II destruíu a flota xenovesa. Desde 1264 foi dominio de Pisa, da que pasou aos Medici. Sufriu varios ataques sarracenos, que só terminaron en 1799.

Xunto á súa historia, a illa foi sempre recoñecida polos seus recursos minerais: moitas columnas e edificios en Roma, foron construídos co granito Gigliese.

Transporte

A Illa del Giglio está conectada á Toscana por transbordadores desde Porto Santo Stefano.

Ligazónss externas