Gisele Bündchen: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m Desfíxose a edición 1397497 de 187.34.209.52 (conversa)
Liña 4: Liña 4:


== Carreira profesional ==
== Carreira profesional ==
Aos treze años de idade, Gisele foi descuberta por um agente de modelos de [[Dilson Stein]] guando estava comendo nun restaurante de [[McDonalds]]. quando a entrevistaron, ela aclarou que non sabía nada do mundo das [[modelo]]s e que non lle gustaba.
Ós trece años de idade, Gisele foi descuberta por un axente de modelos de [[Dilson Stein]] cando estaba comendo nun restaurante de [[McDonalds]]. Cando a entrevistaron, ela aclarou que non sabía nada do mundo das [[modelo]]s e que non lle gustaba.


Em agosto dese mesmo ano, unha axente persuadiu a Gisele con enganos para que saíse dun partido de voleibol e fose a un concurso de modelos. Gisele logrou ser unha das cinco finalistas, que foron convidadas por Dilson Stein, xunto con outras rapazas, a outro importante concurso en [[San Paulo]], organizado por Elite de Brasil e que se celebraría en maio de [[1994]], para presenta-las ós axentes. No concurso obtivo o segundo lugar, perdendo ante [[Claudia Menezes]]. Gisele participou no concurso mundial de Elite e quedou no cuarto lugar, e no sexto noutra versión. Os axentes criticábanlle o seu grande [[nariz]].
En agosto dese mesmo ano, unha axente persuadiu a Gisele con enganos para que saíse dun partido de voleibol e fose a un concurso de modelos. Gisele logrou ser unha das cinco finalistas, que foron convidadas por Dilson Stein, xunto con outras rapazas, a outro importante concurso en [[San Paulo]], organizado por Elite de Brasil e que se celebraría en maio de [[1994]], para presenta-las ós axentes. No concurso obtivo o segundo lugar, perdendo ante [[Claudia Menezes]]. Gisele participou no concurso mundial de Elite e quedou no cuarto lugar, e no sexto noutra versión. Os axentes criticábanlle o seu grande [[nariz]].


Aínda de adolescente, Gisele mudou para [[Nova York]] para debutar na [[Fashion Week]], onde tivo moito éxito e onde foi aceptada inmediatamente no mundo das modelos.
Aínda de adolescente, Gisele mudou para [[Nova York]] para debutar na [[Fashion Week]], onde tivo moito éxito e onde foi aceptada inmediatamente no mundo das modelos.

Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2010 ás 19:27

Gisele Bündchen

Gisele Caroline Bündchen[1], nada en Três de Maio (Rio Grande do Sul) o 20 de xullo de 1980, é unha actriz e modelo de fotografía, de pasarela, e de spots publicitarios brasileira.

Carreira profesional

Ós trece años de idade, Gisele foi descuberta por un axente de modelos de Dilson Stein cando estaba comendo nun restaurante de McDonalds. Cando a entrevistaron, ela aclarou que non sabía nada do mundo das modelos e que non lle gustaba.

En agosto dese mesmo ano, unha axente persuadiu a Gisele con enganos para que saíse dun partido de voleibol e fose a un concurso de modelos. Gisele logrou ser unha das cinco finalistas, que foron convidadas por Dilson Stein, xunto con outras rapazas, a outro importante concurso en San Paulo, organizado por Elite de Brasil e que se celebraría en maio de 1994, para presenta-las ós axentes. No concurso obtivo o segundo lugar, perdendo ante Claudia Menezes. Gisele participou no concurso mundial de Elite e quedou no cuarto lugar, e no sexto noutra versión. Os axentes criticábanlle o seu grande nariz.

Aínda de adolescente, Gisele mudou para Nova York para debutar na Fashion Week, onde tivo moito éxito e onde foi aceptada inmediatamente no mundo das modelos.

Dende os seus comezos, Gisele traballou para Valentino, Zara, Yves Saint Laurent, Bvlgari, Tommy Hilfiger, Chloe, Celine, Versace, Christian Dior, Michael Kors, Ralph Lauren, Victoria's Secret, Colcci, Vero Moda, Nivea, Apple e Dolce & Gabbana. Tamén apareceu nas revistas: Allure, Marie Claire, Vogue, Vanity Fair, Harper’s Bazaar, Arena, Time, Newsweek, Forbes e Rolling Stone. No 2000 converteuse na cuarta modelo da historia desta última revista en aparecer na portada, e foi nomeada "a rapaza máis fermosa do mundo" e "modelo do ano" pola publicación.[2]

Fashion Rio Verão 2007.

A pesar de estar por debaixo do seu peso normal, a figura de Gisele considérase voluptuosa para o mundo da moda. O seu busto foi calificado pola Us Weekly como "perfecto", superando a modelos como Heidi Klum e Adriana Lima.

No ano 2000, os seus ingresos anuais foron de oito millóns de dólares, gañando entre 7 mil e 15 mil por hora de traballo. Foi declarada a modelo máis ben pagada do mundo, gañando trinta millóns de dólares entre xuño de 2005 e xuño de 2006. A súa fortuna persoal está avaliada en 150 millóns de dólares, aparecendo no Libro Guinness dos Récords como a modelo máis rica do mundo".[3]

Filmografía

Vida e curiosidades

Malia nacer en Três de Maio criouse na veciña vila de Horizontina. Filla de Vânia Nonnemacher Bündchen, empregada de banco xubilada[4] e Valdir Reinoldo Bündchen, escritor e profesor de universidade[5] Gisele ten cinco irmás: Raquel, Graziela, Gabriela, Rafaela e Patricia, a súa irmá xemelga (Gisele é a máis vella por nacer 5 minutos antes).

Gisele Bündchen criouse nunha rexión maioritariamente poboada por inmigrantes de orixe alemá[6]; tanto o seu pai como a súa nai son de orixe alemá (os seus tataravós emigraron ao Brasil a finais do século XIX ). Aínda que os país de Gisele falan perfectamento o alemán, ela non o fala, sendo o portugués a súa lingua nativa,[7] ademais do portugues fala o francés, o castelán, o italiano e o inglés.

Na súa época de estudante, Gisele era tan fraca que os seus amigos a chamaban Olivia Paliño, (comparándoa coa noiva de Popeye), tamén somaliana (comparándoa coa xente que sufría fame en Somalia) e saracura (unha ave zancuda). A Gisele gustáballe xogar ao voleibol e quería ser unha xogadora profesional do equipo brasileiro Sogipa.

Sentimentalmente estivo ligada ao actor Leonardo DiCaprio, ao modelo Scott Barnhill, ao magnate brasileiro João Paulo Diniz e ao actor Josh Hartnett. Tralo seu romance con DiCaprio foi relacionada co coñecido surfista, Kelly Slater.

Notas

Ligazóns externas