Troia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Troje
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ml:ട്രോയ്
Liña 62: Liña 62:
[[lt:Troja]]
[[lt:Troja]]
[[mk:Троја]]
[[mk:Троја]]
[[ml:ട്രോയ്]]
[[mr:ट्रॉय]]
[[mr:ट्रॉय]]
[[mt:Trojja]]
[[mt:Trojja]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2010 ás 11:16

Mapa de situación e plano do xacemento arqueolóxico de Hissarlik, considerado como a localización da Troia homérica.
Plano do xacemento arqueolóxico de Troia/Hissarlik.
Corte estratigráfico do xacemento arqueolóxico de Troia/Hissarlik

Troia (en grego Τροία ou Τροίας; tamén chamada Ilión, en grego Ίλιον ou Ίλιος e Wilusha en hitita) é unha cidade tanto histórica como lendaria, onde se desenvolveu a Guerra de Troia, descrita na Ilíada, un poema épico da Antiga Grecia. A autoría do dito poema atribúese ao poeta Homero, quen o compuxo ao redor do século IX ou VIII a.C., aínda que contén material máis antigo. Homero tamén fai referencia a Troia na Odisea. A lenda homérica de Troia foi continuada polo poeta romano Virxilio na Eneida.

A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos Escamandro (ou Xanto) e Simois, e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao Mar Negro (Ponto Euxino).

Historia

Troia (Ílion), cidade que, de acordo coa lenda grega, na narrativa de Homero na Ilíada, foi capturada polos gregos que tiñan por rei e xefe a Agamenón, despois dun sitio de dez anos. A Troia histórica foi descoberta por Heinrich Schliemann (1822-1890), em Hissarlik, no noroeste da Asia Menor, poucas millas no interiro do continente, a partir do mar Exeo. Schliemann era un comerciante alemán rico que dedicou os últimos 20 anos de vida á busca da cidade lendaria. As escavacións que dirixiu el entre 1870 e 1890, e por outros, posteriormente, revelaron nove períodos de ocupación. Os primeiros cinco pertencem á Idade de Bronce, entre 3000 e 2000 a.C. Troia II, em particular, foi unha comunidade que floreceu, con magníficas fortificacións e construcións domésticas, mais acabou sendo destruída por un grande incendio. Troia VI foi palco do influxo de novos colonizadores, que trouxeron cabalos, porén un terremoto arrasou a cidade, por volta do ano 1700 a.C.

Seguiu Troia VII, que se identifica coa Troia de Homero, e que enfrontou a esta cidade coa grega de Micenas, por volta do ano 1000 a.C. Tivo unha fase curta, pois a cidade logo foi destruída por un incendio. As indicacións son de que ese non foi un desastre accidental e de que estaba vinculado á captura da cidade por inimigos. Permaneceu desocupada probabelmente durante 400 anos, até o surximento de Troia VIII. Troia IX foi estabelecida no período romano.

Cine

A historia da guerra de Troia foi levada ao cine en varias ocasións.

Véxase tamén

Outros artigos