Illa Vulcano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Liña 39: Liña 39:
|}
|}


'''Vulcano''' é unha pequena illa volcánica no [[Mar Tirreno]], uns 25 quilómetros ao norte de [[Sicilia]] é a [[Illas Eolias|illa Eolia]] máis meridional. Ten unha extensión de 21 km² e unha altura de 499 metros, contén varios centros volcánicos, incluíndo un dos catro volcáns activos non subterráneos de [[Italia]]. Está unida á illa de '''Vulcanello''', pero antigamente estaban separadas. O ano 2000 foi inscrita xunto ao resto do arquipélago na lista do [[Patrimonio da Humanidade]] da [[UNESCO]].
'''Vulcano''' é unha pequena illa volcánica no [[mar Tirreno]], uns 25 quilómetros ao norte de [[Sicilia]] é a [[Illas Eolias|illa Eolia]] máis meridional. Ten unha extensión de 21 km² e unha altura de 499 metros, contén varios centros volcánicos, incluíndo un dos catro volcáns activos non subterráneos de [[Italia]]. Está unida á illa de '''Vulcanello''', pero antigamente estaban separadas. O ano 2000 foi inscrita xunto ao resto do arquipélago na lista do [[Patrimonio da Humanidade]] da [[UNESCO]].


A última erupción do volcán produciuse en [[1890]] e hoxe a maioría dos excursionistas acoden atraídos pola ascensión guiada ao Gran Cráter ou, polos espontáneos baños de lodo en Porto di Levante, os fumarentos ''fanghi bollenti'' aos que se atribúen efectos curativos das dores articulares.
A última erupción do volcán produciuse en [[1890]] e hoxe a maioría dos excursionistas acoden atraídos pola ascensión guiada ao Gran Cráter ou, polos espontáneos baños de lodo en Porto di Levante, os fumarentos ''fanghi bollenti'' aos que se atribúen efectos curativos das dores articulares.

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2010 ás 06:52

Vulcano
Vista da illa
Vulcanello (primeiro plano) e Vulcano (segundo plano).
Datos
Capital
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Illas Eolias
Linguas Italiano
Poboación (2010) 470 hab.
Superficie 21 km²
Densidade
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura 499 m.
Localización
Localización da illa

Vulcano é unha pequena illa volcánica no mar Tirreno, uns 25 quilómetros ao norte de Sicilia é a illa Eolia máis meridional. Ten unha extensión de 21 km² e unha altura de 499 metros, contén varios centros volcánicos, incluíndo un dos catro volcáns activos non subterráneos de Italia. Está unida á illa de Vulcanello, pero antigamente estaban separadas. O ano 2000 foi inscrita xunto ao resto do arquipélago na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

A última erupción do volcán produciuse en 1890 e hoxe a maioría dos excursionistas acoden atraídos pola ascensión guiada ao Gran Cráter ou, polos espontáneos baños de lodo en Porto di Levante, os fumarentos fanghi bollenti aos que se atribúen efectos curativos das dores articulares.

O ascenso ao cráter de Vulcano é un paseo agradable que bordea o cono montañoso en menos dunha hora. Ao chegar á cima, truncada por unha gran fenda de 500 m de diámetro e que destila vapores ardentes, ábrese a mellor panorámica do arquipélago, con Lípari e Salina en primeiro plano e Filicudi e Panarea recortadas no horizonte.

Un carreiro ben visible permite bordear o perímetro do volcán entre manchas amarelas de xofre, cinzas a medio arder e un cheiro penetrante a ovo podrecido.

Ao descender de Vulcano e seguindo a pista fétida chégase aos lodos situados xunto ao Porto di Levante. Estas fontes terapéuticas veñen sendo utilizadas desde fai máis de 3.000 anos e as súas facultades medicinais foron a razón pola que moitos italianos pisaron por primeira vez estas illas.

Pódense tomar baños de lodo nun pequeno lago ao descuberto. As augas desprenden vapores de xofre que alivian a artrite. Os visitantes aplícanse os barros sobre a pel, que logo se poden retirar cun baño na praia que se estende a poucos metros do lago.

O tratamento finaliza expondo a parte doente ás emanaciones gasosas que desprenden as gretas das rocas.

Un escollo situado ao leste da illa e chamado a Parete della Sirenetta, recibe ese nome debido a que está coroado pola estatua dunha serea.

Baixo a auga destaca a variedade de flora e fauna, entre a que abundan os bancos de lagostas.

A zona do Capo Grosso é unha rara estrutura rochosa que penetra no mar e que se caracteriza por ser completamente lisa e vertical.

A illa de Vulcano é unha das máis visitadas e menos habitadas (470 residentes) das Eolias. A desorde inmobiliaria aprópiase do seu litoral.