Conversa usuario:Lameiro: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 239: Liña 239:


:Unha explicación máis: A revisión é moi importante. Un usuario de Flickr pode trocar a licenza, pero non é legal nin lícito retirar dereitos de uso das imaxes, é dicir, se unha foto permite as obras derivadas, inda que o usuario de Flickr retire esa permisión, se a imaxe está revisada, a imaxe non se borra da Galipedia. Noutras palabras, unha vez revisada a imaxe, inda que na orixe se cambie a licenza por "tódolos dereitos reservados", a imaxe non se pode borrar da Galipedia, pois o cambio de licenza que fixo o autor non é lícito--'''<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:80%">&nbsp;[[User:Lmbuga|Lmbuga]]&nbsp;/&nbsp;[[User talk:Lmbuga|Conversa comigo]]&nbsp;</span>''' 23:23, 7 xaneiro 2010 (UTC)
:Unha explicación máis: A revisión é moi importante. Un usuario de Flickr pode trocar a licenza, pero non é legal nin lícito retirar dereitos de uso das imaxes, é dicir, se unha foto permite as obras derivadas, inda que o usuario de Flickr retire esa permisión, se a imaxe está revisada, a imaxe non se borra da Galipedia. Noutras palabras, unha vez revisada a imaxe, inda que na orixe se cambie a licenza por "tódolos dereitos reservados", a imaxe non se pode borrar da Galipedia, pois o cambio de licenza que fixo o autor non é lícito--'''<span style="border:1px solid #000000;padding:1px;font-size:80%">&nbsp;[[User:Lmbuga|Lmbuga]]&nbsp;/&nbsp;[[User talk:Lmbuga|Conversa comigo]]&nbsp;</span>''' 23:23, 7 xaneiro 2010 (UTC)

== Galicia australiana ==
Supoño que a tirarías de aquí [http://desenhogalego.blogspot.com/2006/12/nova-australia-do-norte.html]--[[Usuario:RNC|RNC]] 12:19, 8 xaneiro 2010 (UTC)

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2010 ás 12:19

Benvido á Galipedia Lameiro. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 26 febreiro 2007 (UTC)



páxina de usuario

Ola Pedro. Ao principio non sabía se eras ti desde unha I.P., pero vexo que andiveron incluíndo información na túa páxina de usuario. Se fuches ti, perdoa. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:30, 3 novembro 2009 (UTC)


Petición de desbloqueo

Ola Lameiro.

Parece ser que a IP 85.91.87.250 foi bloqueada como resposta a unha serie de accións de hipotético vandalismo, cosa que me parece moi ben, pero resulta que o problema ven cando esta IP corresponde a un Instituto de Educación Secundaria, en concreto o IES Praia Barraña de Boiro. Non vexo coherente que se bloquee a creación de contas de usuario nun instituto con máis de 300 alumnos anuais, e eu véxome na imposibilidade de traballar na wikipedia cos meus alumnos por a saber que accións de non sei quen.

Eu entendo a necesidade de accións punitivas deste tipo, pero neste caso se debería penalizar ao usuario concreto, digo eu, non á IP.

Espero que me poida ofrecer algunha solución na maior brevedade posible.

Seu, Pascual Vidal.

Cinema

Pedro, a cuestión é que perante isto non creo que teñamos moito que dicir nós. Son sinónimos en tanto que a RAG así os denomina. Non hai máis. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:55, 5 novembro 2009 (UTC)

Excelente labor co artigo. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  01:32, 9 novembro 2009 (UTC)

  • Envíamo. Se non podo cun programa podo con outro, quedará mellor ou peor, pero poder podo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:51, 9 novembro 2009 (UTC)
  • Hai en Commons algunha imaxe sobre como se estende a praga? Eu non encontro nada. Se tes algunha ligazón a algún mapa, miro se son capaz de copialos datos variando algún dos de Commons-- Lmbuga / Conversa comigo  11:32, 17 novembro 2009 (UTC)
Supoño que che parece ben solicitarme colaboración, conseguir que eu cha ofreza e pasar de min. Xa me tes habituado a ese trato. Noraboa, se queres ser o mellor do mundo, acabarás probablemente por selo, pois os mellores son, seguramente, os que teñen máis capacidade para pisar ós demais. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:45, 28 novembro 2009 (UTC)
Sen comentarios. Pedro --Lameiro (conversa) 19:07, 30 novembro 2009 (UTC)

Ola Lameiro! Segundo creo es administrador, xa que logo se non che importa, pediríache que lle botases unha ollada a páxina que menciono neste novo apartado da túa páxina de conversa. Nela poderiamos dicir que hai un conflito de edicións, xa que un usuario non rexistrado se empeña en borrar os resumos dos capítulos por os considerar que converten a páxina en perralleira (podes ver os seus argumentos na miña páxina de conversa), mais acho que ou ben se respecta a edición anterior ou ben se pon na páxina de conversa os motivos polos cales se quere borrar esa información e non proceder directamente ao borrado. Desgraciadamente, todo isto non llo podo dicir a persoa en cuestión porque non lle podo deixar unha mensaxe dado que non está rexistrado/a. Polo tanto, agradecería que deses a túa opinión ao respecto. Grazas! ;) --Nonso91 18:16, 14 novembro 2009 (UTC)


Muy Honorable Lameiro!

Lamento darte la lata como lo estoy haciendo estos días, "con mis informaciones sobre Vilasobroso" tienes que disculparme, por mis faltas ortográficas en lengua gallega, soy un autodidácta en esta materia; aunque soy gallego hablante, en mi época estaba prohibido tener conocimentos sobre la misma; en cuanto a castellano, como puede verse tampoco tengo cualidades de escritor, mi meta principal no es llegar a tan alta dignidad; lo esencial es poder facilitar desinteresadamente una humilde información real, pero no ocultar datos como suele hacerse habitualmente en estas cuestiones, por eso ruego me disculpes y te agradezco de verdad, tus puntualizaciones.

También debo decirte, que he nacido a los pies del Castillo de Sobroso, y desde mi niñez, cuando a mis manos llegaba una enciclopedia, un diccionario geográfico o un mapa ( por norma general, casi siempre me fijaba y aun me sigo fijando en los datos relacionados con esta localidad y como esta, en otras muchas, casi siempre los datos allí reflejados dejaban mucho que desear, ocultan los verdaderos y los que sacan a la luz son incorrectos ) este fué el motivo, por el cual me ha gustado la história del pueblo donde he visto la primera luz y donde he vivido siempre. Debido a ello, he visitado distintos archivos históricos a lo largo de mi vida a modo de curisidad y a pesar de lo mucho que aun queda por averiguar, he coleccionado un extenso fichero con numerosos apuntes sobre la historia de esta pequeña pero singular población y que en el año 2002 tuve el atrevimiento de publicar un humilede trabajo que consta de 352 páginas (me lo han patrocinado la Excma Diputación Provincial de Pontevedra, el Ayuntamiento de Mondariz y la Entidad Local Menor de Vilasobroso) fruto de horas y horas de una lenta y delicada investigación, trabajo que titulé = Sobroso Baluarte Histórico de Galicia) cuya primera edicción ya está agotada.

No soy empleado de ninguna empresa de informes, ni tampoco me dedico a captar datos para la administración que es lo que habitualmente suelen hacer en estos casos, personal ajeno al lugar donde se necesita hacer esa investigación; unicamente les interesa lo económico, (pongamos por caso muchos informes catastrales que posteriormente resultan ser un auténtico galimatías....) situaciones similares también suceden con enciclopedias, diccionarios, mapas etc.

Esta información que os he estado enviando, es fruto de una curiosidad altruista sin animo de lucro; hace años, hice lo mismo para la Gran Enciclopedia Gallega,obra que en estas cuestiones de localidades pequeñas mucho tendría que mejorar, a mi humilde modo de entender.

Debe tenerse en cuenta que Galicia tiene la mayor parte de los núcleos de población que existen en España y eso es de alto interés, aunque no lo parezca. Estos núcleos tienen história y una definición natural própia, la distribución municipal en Galicia, en cuestiones de esta indole siempre trata de informar de la localidad, capital de esa administración, los demás núcleos estan muy superficiales y en ocasiones se "olvidan".

Estimado Lameiro, te agradezco sepas disculparme por dirigirme a ti en castellano, sigo estando a vuestra entera disposición y por si es de vuestro interes os envio mi correo electrónico. Un cordial saludo:

RE: Táboa

Queres que a táboa sexa do estilo que ten agora ou prefires que sexa como a que aparece aquí? --Toliño Fala aquí comigo 17:10, 16 novembro 2009 (UTC)

  • Fíxencho co estilo que tiñas, mira a ver se che gusta. Se o queres cambiar dimo. --Toliño Fala aquí comigo 17:19, 16 novembro 2009 (UTC)
Feito! Feito! Proba cambiando o parámetro "width" para conseguir o ancho que desexes. --Toliño Fala aquí comigo 17:48, 16 novembro 2009 (UTC)
Sempre hai xente que se aproveita da boa fe dos máis pero ao final estou convencido, tardemos máis ou menos, acábase sabendo .--RNC 15:07, 17 novembro 2009 (UTC)

Primeira Guerra Mundial

Ola! aquí sigo co meu proxecto sobre a Primeira Guerra Mundial. Xa me axudaches un par de veces e espero que tamén poidas botarme unha man esta vez.

Verás, xunto ás batallas coloco un cadro de batalla (saquei o modelo dun artigo desta wiki; por exemplo Primeira batalla de Ypres) pero gustaríame reducir o tamaño da letra, para que ocupen un pouco menos. Sabes de alguén que me poida axudar? --Silverfox 21:36, 22 novembro 2009 (UTC)(conversa)

Paz Andrade

Parece que hubo un problema con el bot que la subió. Ya está resuelto. Perdón por las molestias y por mi inexistente galego. Un saludo --Ecemaml (Fala comigo) 22:52, 22 novembro 2009 (UTC)

Anchoa

Segundo varias fontes a anchoa é en galego o bocareo ou bocarte en conserva, poderíasmo confirmar para corrixilo en varios artigos, xa que antes quixera estar totalmente seguro, grazas.--RNC 19:51, 24 novembro 2009 (UTC)

Vandalismo

Pedro, olla para as actuación destas IPs: 213.97.173.244 e 85.91.83.141 Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:34, 2 decembro 2009 (UTC)

RE: Corrixir

Só quero aclarar que non foi RCN o que fixo os cambios ortográficos, foi a conta de Nonso91. Os cambios introducidos no que respecta á ortografía non modificaron o contido, senón que decidiu cambiarme os verbos. Non infrinxín ningunha norma ortográfica e se o escribín así foi porque considerei que era a mellor maneira. Pero o que me tocou "o contido da bolsa escrotal" foi un cambio de todo o artigo sen avisar, e sen deixar unha nota na páxina de conversa. Está claro que el fíxoo con toda a súa boa intención, pero creo que o mínimo sería avisar dun cambio desa índole. O que non me parece de recibo é que un estea horas lendo e escribindo para que en galego, os internautas dispoñan de información sobre un tema, e un usuario, sen deixar xustificación ou aviso ningún cho cambie. Sinto ter que facerte peder o tempo con isto, xa que de seguro terás mellores cousas que facer. Grazas pola túa mensaxe. --Silverfox 22:07, 4 decembro 2009 (UTC)

Pedro, eu tanto no Vocabulario ortográfico como no Catálogo da RAG véxoos como correctos. Non vexo o asterisco ese que mencionas. De feito, a palabra aparece en verde, o que quere dicir que é unha entrada correcta. Igual é que non che estou entendendo. --Atobar (conversa comigo) 00:18, 5 decembro 2009 (UTC)

O da rede está actualizado. Cónstame. Modernízate, Pedro. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 00:29, 5 decembro 2009 (UTC)
Oíches, agora que me dis isto. Na edición en papel igual non traía isto e de aí a confusión. --Atobar (conversa comigo) 00:32, 5 decembro 2009 (UTC)

Aligacha

Abonda, abonda. É que me parecía sospeitoso, porque era unha edición dun IP e por riba no cadro de resumo puxo aligacha?, coma se fose unha pregunta. E coincidiu que tampouco sabía dese termo. Xa despexaches as dúbidas. Solucionado. --Atobar (conversa comigo) 12:27, 5 decembro 2009 (UTC)

RE: Astronauta

O modelo non existe e só se usaba neste artigo; xa eliminei a referencia que había nel. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:10, 5 decembro 2009 (UTC)

Santa compaña

Hola Lameiro. siento escribir en castellano, pero mi gallego es nulo. Te quería preguntar si podrías subir tu foto de la santa compaña a commons, para que podamos ponerla en las demás páginas (yo la quería en particular para la latina). Muchas gracias y un saludo.--Xaverius 23:43, 5 decembro 2009 (UTC)

Boas Lameiro
Esas tres fotos sobre a Santa Compaña son das moitas da Galipedia que conto subir a commons, xa que logo van ser as primeiras que suba. E vou facelo con moito gusto. Xa sabes Lameiro que podes pedirme o que querias, xa temos bastante compañerismo e confianza para decir si podemos ou non podemos, ou non queremos. Por demaís é unha boa cousa que entre nós fagamos un reparto das competencias e dos gustos de cada un. Eu son a de sempre Lameiro. Duante 15 días non tive aceso a Internet. A ver si agora me sigue bén. Saúdos Elvira (conversa comigo) 01:33, 6 decembro 2009 (UTC)
Subida a que pide Xaverius e xa o avisei. Logo as outras dúas. Saúdos Lameiro Elvira (conversa comigo) 03:26, 6 decembro 2009 (UTC)

Primeira guerra mundial

Ben, a frase do gas non a redactei eu, senón que xa estaba redactada antes de modificar o artigo. O do infinivo foi que eu non o empreguei. Usei outras formas verbais e nonso cambioumas algunhas para colocar un infinitivo conxugado. Creo que o que quere dicir a frase é que o gas foi unha nova arma, que axudou a desgastar as tropas inimigas. Se a un lle disparan con fusís, metralladoras, artillería e ademais de todo iso vive con medo a que o gaseen, índa sofre máis. Québrase o seu ánimo e por iso a palabra desgaste.

Segundo, a min gústame máis a forma verbal en presente, pero se queres e así o consideras cámbiaa. Agradezo que me comentes os cambios, de veras. --Silverfox 00:23, 6 decembro 2009 (UTC)

etc

Era a nosa versión das NOMIG a que estaba errada, xa que nas NOMIG en papel, no texto orixinal o etc. figura sempre sen unha coma antes, se aparecese unha coma nas NOMIG entón o que se di sobre o asunto nesa ortografía sería unha opinión persoal sen forza normativa. O dos puntos suspensivos non sei se che entendín ben, existen aínda que concordo en que moitas veces é preferible evitalos.--RNC 17:58, 6 decembro 2009 (UTC)

Ídem. Tamén no dos puntos suspensivos. --Atobar (conversa comigo) 18:04, 6 decembro 2009 (UTC)

RE:atmosfera

Home, de experto nada de nada, sinxelamente un simple afeccionado a astronomía; referente o que me dicías das cursivas, na definición supoño que puxeron as cursivas por mor de darlle máis énfase, na composición, creo que coma ben dis sobran, xa que é unha cita e por riba aparece de quen é a cita, aínda que na miña opinión son problemas sen importancia; si que se lle debería prestar máis atención os apartados coma por ex Ozonosfera ou Magnetosfera, que non teñen a ligazón ó seu artigo principal, a parte de que podían te-las cabeceiras destes artigos principais, xa que máis cunha explicación do apartado, parecen máis unha definición dun dicionario, e é unha pena tendo boa información na propia Galipedia para completar estes apartados, máis que nada o artigo precisa unha actualización e sobre todo aportar un pouquiño máis dese contido que xa existe na Galipedia para sacarlle (se se me permite a expresión) un pouco do formato de listado que ten o artigo.--Xabier Cancela (fálame 15:30, 8 decembro 2009 (UTC)

Diccionario de diccionarios

A min tamén me chama a atención esa discrepancia entre esas dúas fontes, o título completo débese engadir ao artigo, non sei se como nota ou directamente no texto (por aquilo de ser longo de máis). O do manuscrito ten explicación cos datos que puxen no artigo do autor Rodríguez, boa parte das entradas orixinais non tiñan definición --RNC 18:40, 8 decembro 2009 (UTC)

  • O DdD aínda que non teña sinatura o editor é Santamarina logo podes dalo por exemplo así
  • Antón Santamarina (ed.) Diccionario de diccionarios. A Coruña, 1ª ed., 2000, páxina ?

e a outra:

Antón Santamarina (ed.) Diccionario de diccionarios. CD-Rom, Versión 3. A Coruña, 2004, neste caso non podes dar a páxina por ser un programa de ordenador, se entendín ben. Non sei se era iso o que preguntabas?--RNC 19:13, 8 decembro 2009 (UTC)

Francisco Javier Rodríguez

Acabo de comprobar que o libro que poño na Bibliografía (A comarca do Deza) da esas datas. Pero seguramente son erróneas como ocorre con algúns outros casos. Os autores non son (en xeral) moi fiables. Eu optaría polas datas que da Antón Santamarina no Diccionario de diccionarios, xa que non hai ningunha outra fonte á que acudir. Pero a referencia é correcta. Saúdos.--Xas (fálame) 21:23, 8 decembro 2009 (UTC)

Refrán

Pedro, Mi gozo en un pozo. Equivalente galego? Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 01:08, 10 decembro 2009 (UTC)

Saíume a pita choca. Esa, esa. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 13:50, 10 decembro 2009 (UTC)

Lume/fogo

Modifiquei o artigo lume, segundo o DRAG lume e fogo son de usos diferentes e en poucas ocasións fogo pode aparecer na vez de lume, podes mirar o artigo e dicir se consideras que a redacción do parágrafo inicial é correcta?. Grazas adiantadas.--RNC 10:17, 12 decembro 2009 (UTC)

Non tiña o Gran Xerais a man así que engadín un par de refráns para ilustralo.--RNC 13:06, 12 decembro 2009 (UTC)

Homónimos

Pois eu inclínome pola primeira opción no caso da aleta. Pero a verdade é que semellan equilibradas ambas opcións, así que é mellor que o fagas como dis ti, que para algo es máis experto. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 13:08, 14 decembro 2009 (UTC)

Dicionario

Fixen un novo artigo dun dicionario galego, Diccionario gallego-castellano (1913), deixo o aviso por se contas con datos para amplialo ou corrixilo se tes tempo. Saúdos.--RNC 18:25, 16 decembro 2009 (UTC)

Copyvio

Podes comprobar o copyvio que marcaches en Determinación de alcohol no sangue?, coido que xa non é necesario o marcador. E mesmo podemos empregar esa ligazón como referencia dalgunha información recollida no texto. Saúdos e grazas! --Toliño Fala aquí comigo 10:06, 19 decembro 2009 (UTC)

Festas de San Froilán

Empecei a facer o artigo a partir de Lista de artigos que toda Galipedia debera ter e descubrín que xa había un feito e que o que estaba escrito era moi pouco e figuraba na Lista de artigos con problemas. Pero non atopo por ningún lado cal é o problema. Si vexo que fuches ti o que puxo a advertencia. Así que refixen o artigo enteiro, conservei só os dous primeiros parágrafos e voulle retirar a chamada de Atención. Non sei se estou "autorizado" para isto último. Se o problema era outro, avísame, plis. AH: e tamén corrixirei a ligazón. E por certo, esa lista de artigos esenciais está actualizada? --(XurxoLois) (fálame) 01:03, 27 decembro 2009 (UTC)

lugares compartidos

Ola Lameiro. Grazas polo que medis de Ponte Arnelas. Procurarei modificalo. Efectivamente hai máis casos. Xa tiña intención de crear unha categoría de Lugares divididos en dúas parroquias e Lugares divididos en dous concellos. A ver cando me poño. Saúdos.--Xas (fálame) 23:42, 28 decembro 2009 (UTC)

mancontro/alcolitro/eucalito

Boa tarde, Pedro. Chámame purista se queres, pero creo que se deben suprimir as redireccións incorrectas. Sei que non son bos exemplos os que vou poñer, pero espero facerme entender: Decote emprégase *Alacante na TVG ou *Orense no ABC, pero sabemos que son incorrectos e non se poñen na galipedia. Sobre o uso na literatura actual, na miña opinión mancontro é coma farlopa ou friame, termos usados popularmente, pero non creo que deban redirixir a teléfono, cocaína ou cadáver. Sobre o léxico da literatura vella, ben sabemos que antes da estandarización escribíase segundo criterio do autor, diferenciándose ben na escrita de onde era o escritor, pero non creo que iso serva de "excusa", pois teriamos que poñer como redirección un feixe de termos.

De todos xeitos o debate é interesante, e podería antes de borrar (ou non), ben podían opinar usuari@s máis expert@s, que eu tampouco teño moita idea.

Un saúdo, e feliz ano se non falamos antes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:42, 29 decembro 2009 (UTC)

Ola Lameiro.

Diríxome a ti para que revises a nova imaxe que propuxen, pois xa votaras. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:18, 30 decembro 2009 (UTC)

Respondín as túas palabras nesa páxina. Habituado a non ter resposta túa cando as cousas se poñen grises, deséxoo facer constar aquí en espera de resposta. Grazas e un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  06:08, 1 xaneiro 2010 (UTC)

Re: Renomear imaxes

O procedemento actualmente é manual (subir a imaxe con outro nome e borrar a anterior). Pola tarde explícocho, agora non teño tempo e non lembro ben os modelos que convén usar na nova imaxe subida.

Sei que en Commons hai un sistema experimental para poder movelas como os artigos, pero só os administradores o teñen á súa disposición. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  11:10, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Xa encontrei o modelo en Wikipedia:Lista visual de marcadores de imaxe. Trátase de {{OrixeImaxeRevisada}} (para imaxes que substitúen outras con título incorrecto) ou de {{OrixeImaxe}}. Como che comentaba, actualmente para mover o nome dunha imaxe hai que subir un duplicado con outro nome que presente un deses modelos escrito deste xeito:
{{OrixeImaxe|Imaxe:Nome da imaxe borrada|Nome_do_administrador(sen_Usuario:)|data}}
Hoxe en día, eu non pasaría o traballo de trocar o nome das imaxes. Esperaría a que os administradores teñan esa alternativa automática que se está experimentando en Commons. Cando a teñan, seralles útil a categoría Categoría:Imaxes con título incorrecto. As imaxes colócanse nesa categoría co modelo {{NomeImaxeIncorrecto}}.
Unha aclaración
Eu considerara que só os administradores podían mover imaxes (foi cousa miña). Motivo: Supón unha imaxe de autoría propia. Cando a sobes de novo con outro nome, colocas exactamente os datos da que vai ser borrada, de aí o modelo, pois un administrador tería que borrar a outra imaxe e acreditar que os datos da nova imaxe teñen orixe na outra. Por iso considerei preferible que todo o proceso o fixese un administrador. Por outra banda, a presenza do modelo evita que outro administrador se vexa na obriga de comprobar que os datos son fidedignos tendo que recuperar a imaxe borrada (cousa que, como saberás, é posible).
A creación deses modelos foi nos meus últimos momentos como administrador, polo que practicamente non os usei. Acabo de mirar e só usei este nunha imaxe: Ficheiro:Castelo-da-Lúa-ruínas.JPG.
Espero que te aclares, o procedemento é complicado, pero crino no seu momento preferible para aforrar esforzos e que os administradores non fixesen dúas veces unha mesma cousa por non saber o que fixeron os demais. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  14:02, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Numerais

Creo que resolverei o problema dos numerais, incluídos os partitivos, cun artigo único e máis amplo con toda a información. Redicionarei as partes (cardinal, múltiplo, ordinal e partitivo) ao global. Segue sendo preciso un artigo sobre os diversos significados de partitivo. Deizón  tfeliz 12:45, 2 xaneiro 2010.


Ola Lameiro. Pois a verdade é que non sei que fixen mal, pois intenteino arranxar varias veces e sempre sae así. Non sei cal é a razón. Ti sábelo? Poderíalo arranxar? Grazas e un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 12:33, 2 xaneiro 2010 (UTC)

RE: Vindeiras imaxes

Vouno deixar estar. Estas cousas sonche por culpa de que o 1 de xaneiro non caia en luns. Se agardamos ata o vindeiro luns arranxarase (previsiblemente) só. Coido que polo de agora abonda co arranxo que fixen hoxe; por outra banda, este arranxo daría problemas se esta ano tivese 53 semanas (agora mesmo non sei cantas ten), pero xa se solucionaría facilmente cando chegase o momento. E feliz ano a ti tamén! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:52, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Sinatura no artigo

Tes razón. Era para identificar quen estaba a editar o artigo mais non pensaba deixalo. Deizón. Tiberio Feliz 13:21, 4 xaneiro 2010 (UTC)


Resposta Eucalipto

Ola Pedro. Así de pronto non teño información sobre estatísticas de extensión do eucalipto, pero aínda non subín no faiado da casa nin mirei nas miñas fontes. O certo e que marcho a pasar reis á casa da familia así que ata a volta non te podo axudar moito. En canto ao das medidas, tampouco é un tema do que saiba moito, os datos soen referirse a número de árbores por unidade de mostraxe. No teu caso tes que ver cal é esa unidade, aínda que o normal é a hectárea. En canto teña información envíoche unha mensaxe. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 22:07, 4 xaneiro 2010 (UTC)

  • Ola Pedro, polas presas de ter que marchar entendín mal a túa pregunta e contestei o primeiro que me veu á cabeza. Ti non preguntabas pola densidade das árbores, senón pola diversidade de plantas asociadas a un determinado tipo de árbore nun bosque concreto co que a resposta que te din é incorrecta. Como supoño que o dato non ben referido no artigo que consultaches, é difícil dicir cando pon 60-70 (especies) a que superficie se refire o mesmo. O único que é seguro e que si comparas o número de especies vexetais que hai nun eucaliptal cunha fraga, as superficies comparadas deberían ser as mesmas, pero eu creo que non ten necesariamente por que ser unha cantidade concreta (por exemplo unha hectárea), chega con que sexa a mesma superficie. Si fora en todo o bosque iso introduciría unha variable máis, xa que normalmente non existen dous bosques que teñen o mesmo tamaño pero este estudo é viable si o que se quere resaltar é as diferenzas totais en biodiversidade en distintos lugares, independentemente da súa extensión. En definitiva non podo dicir de que superficie se trata xa que hai varias posibilidades.
  • Aparte disto, teño un enderezo que relaciona a diferenza de diversidade dun eucaliptal con respecto as fragas en relación ás aves, pódelo ver Aquí
  • En canto o de conseguir información sobre a extensión do eucalipto en Galicia, preferiblemente con datos históricos, non teño nada. A única cousa que ó mellor te resulta útil e a información que está no III Inventario Nacional Forestal [1] concretamente Aquí pero non é demasiado útil. Seguirei indagando e se atopo algo volvo a poñerme en contacto.--Calrosfking (FÁLAME) 21:31, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Mapa da pataca

Síntoo Lameiro, pero eu non teño moita idea nisto do deseño e menos nas ferramentas informáticas. Así que non podo axudarte, nin sei tampouco de usuario que saiban diso. A verdade é que nunca me preocupei diso... Saúdos.--Xas (fálame) 17:09, 6 xaneiro 2010 (UTC)

Ola. Partindo disto, fixen isto. Non sei se che valerá ou se o fixen ben, é a primeira vez que tal cousa fago. Saudiños. --HombreDHojalata Conversa comigo. 15:18, 7 xaneiro 2010 (UTC).
Esquecera darlle cor a Xunqueira de Ambía. Poderías cambiar o ficheiro por estoutro? Grazas e perdoa. --HombreDHojalata Conversa comigo. 15:39, 7 xaneiro 2010 (UTC).
Feito. Xa o mudei eu. --HombreDHojalata Conversa comigo. 16:23, 7 xaneiro 2010 (UTC).

Gorgullo do eucalipto

Creo que sei o que queres dicir, pero non estpou seguro. Pregúntasme por como se revisan as imaxes de Flickr. Tardo un cacho en explicarcho. Xa che deixo todo preparado, vou buscar os modelos e axiña che digo como se revisan as imaxes de Flickr. O sistema é case idéntico ó de Commons-- Lmbuga / Conversa comigo  22:43, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Para revisar a imaxe (só pode facelo un administrador) tes que ir a ela en Flickr (na orixe da imaxe encontrarás a ligazón: http://www.flickr.com/photos/9909228@N05/1264070687) e substiruír a etiqueta {{FlickrPendente}} pola etiqueta
{{FlickrRevisada|Autor da foto|Enderezo en Flickr|Data de revisión|Nome do usuario que confirmou a licenza|Licenza}}
Se es ti quen revisa a foto, os datos deberían quedar do seguinte xeito aproximadamente:
{{FlickrRevisada|[http://www.flickr.com/people/9909228@N05/ Jose Ramon Pato]|http://www.flickr.com/photos/9909228@N05/1264070687|07-01-10|Lameiro|http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0/deed.es}}
Para colocar eses datos tes que reparar en que o nome do autor e o enderezo en Flickr están nos datos da imaxe (podes copialos de aí). O único que tes que facer é
- facer click na ligazón que aparece como orixe da imaxe. Neste caso http://www.flickr.com/photos/9909228@N05/1264070687
- Ó final da columna da dereita da ventá que se abre, reparar na licenza da imaxe e mirar se é a mesma que aparece na Galpedia. Fas click na licenza en Flickr e copias o enderezo.
Se tes algunha dúbida, faimo saber.
Lembra sempre que non poden estar prohibidas na licenza as obras derivadas e o uso comercial. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  23:02, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Non, non hai que facer nada, unicamente revisar a imaxe. O autor xa está nomeado na páxina da imaxe. Abonda con iso. Ademais, eu entendo que non podemos nomear o autor no pé da imaxe por mnotivos estéticos e prácticos. Pensa nunha obra derivada que sexa unha composición de seis fotos, ou de trinta fotos, teriamos que nomear trinta autores se estes fosen diferentes. Os autores noméanse na páxina da imaxe. Enténdese quese alguén quere empregar a foto vai facer click sobre ela e vai acceder ós datos, por iso os datos están aí. En conclusión, abonda con revisar. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  23:12, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Unha explicación máis: A revisión é moi importante. Un usuario de Flickr pode trocar a licenza, pero non é legal nin lícito retirar dereitos de uso das imaxes, é dicir, se unha foto permite as obras derivadas, inda que o usuario de Flickr retire esa permisión, se a imaxe está revisada, a imaxe non se borra da Galipedia. Noutras palabras, unha vez revisada a imaxe, inda que na orixe se cambie a licenza por "tódolos dereitos reservados", a imaxe non se pode borrar da Galipedia, pois o cambio de licenza que fixo o autor non é lícito-- Lmbuga / Conversa comigo  23:23, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Galicia australiana

Supoño que a tirarías de aquí [2]--RNC 12:19, 8 xaneiro 2010 (UTC)