Catana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m recoloco imaxes
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: be-x-old:Катана Modificado: eo:Japana Glavo
Liña 37: Liña 37:


[[ar:كاتانا]]
[[ar:كاتانا]]
[[be-x-old:Катана]]
[[bg:Катана]]
[[bg:Катана]]
[[bs:Katana]]
[[bs:Katana]]
Liña 44: Liña 45:
[[de:Katana]]
[[de:Katana]]
[[en:Katana]]
[[en:Katana]]
[[eo:Katano]]
[[eo:Japana Glavo]]
[[es:Katana]]
[[es:Katana]]
[[et:Katana]]
[[et:Katana]]

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2010 ás 11:28

A catana é un longo sabre xaponés (daitō), aínda que a palabra é usada xenericamente para denominar todos os sabres en Xapón. "Katana" é o kunyomi (Lectura xaponesa) do kanji 刀; o oniomi (Lectura chinesa) é "tō" (pronunciado [to:]). Refírese a un tipo particular, un sabre dun único gume, curvada, tradicionalmente utilizada polos samurai. A vaíña da catana chámase saya, o gardamans Tsuba.

A catana úsase principalmente para cortar e considérase frecuentemente unha guillotina de man. Desenvaíñase levando o gume cara enriba e pódese brandir con unha ou dúas mans (sendo esta última modalidade a máis común). Aínda que a arte de utilizar a espada segundo o seu propósito orixinal quedou na actualidade case obsoleto, o kenjutsu converteuse en gendai budō - unha arte marcial moderna. A arte de brandir a catana denomínas iaidō, e kendō é a arte de esgrimir unha espada de bambú coñecida como shinai utilizando como protección unha máscara e unha armadura. As vellas escolas de espadas koryū aínda existen: Kashima Shintō Ryū, Kashima Shin Ryū, Katori Shintō Ryū.

Este Tipo de sabre ten folla curva, pois dese xeito maximízase a forza do golpe ao ir montando a cabalo.

Métodos de produción

As espadas xaponesas e outras armas cortantes fabricábanse mediante un elaborado método de quencemento reiterado, pregando e martelando o metal. Esta práctica orixinouse do uso de metais altamente impuros, e estando aínda ao roxo vivo arrefriábanse, requentábanse e logo trenzábanse. Ao acabar, cortábase a trenza en cachos, con cada un dos cales se volvía a fundir unha variña que se pasaba por carbón. O proceso repetíase varias veces, e en cada unha delas ía aumentando a porcentaxe de carbono até obter aceiro. Tras a última das trenzadas martelábase até aplanar. Ao ter unha estrutura organizada en varas, a espada posuía grande elasticidade, polo que non rompía tan facilmente.

A curvatura distintiva da catana débese, en parte, ao trato diferencial durante o quencemento ao que se somete. Ao contrario da gran parte das espadas producidas noutros lugares, os ferreiros xaponeses non endurecen o sabre completo, soamente o lado que posúe gume. O proceso de endurecemento fai que a punta do sabre se contraia menos que o aceiro sen tratar cando arrefría, algo que axuda ao ferreiro para establecer a curvatura do sabre. A combinación dun lado duro e un lado mol da catana e doutros sabres xaponeses é a causa da súa resistencia a pesar de reter un bo lado cortante.

Mitos

Hai moitos mitos ao redor das espadas xaponesas, o máis coñecido é que as espadas dobran un gran número de veces, obtendo propiedades máxicas. Hai que sublliñar que con cada dobramento feito polo fabricante, redóbrase cada capa interna, e por isto o número total de capas nunha catana é dous elevado ao número de dobramentos realizados.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Artigos relacionados

Modelo:Link FA