Islay: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
! colspan="2" | Datos
! colspan="2" | Datos
|-
|-
| [[Capital]] ||
| [[Capital]] || [[Bowmore]]
|-
|-
| País || [[Reino Unido]]
| País || [[Reino Unido]]
Liña 40: Liña 40:
|}
|}


'''Islay''' é unha illa [[Escocia|escocesa]], coñecida como ''A Raíña das Hébridas'' é a máis austral das [[Hébridas Interiores]]. Os nativos de Islay son chamados ''Ìleach'' e o plural é ''Ìlich''. A capital da illa é [[Bowmore]], famosa pola súa destilería e a Igrexa de Kilarrow Parish. [[Port Ellen]] é o segundo pobo en importancia.
'''Islay''' é unha illa [[Escocia|escocesa]], coñecida como ''A Raíña das Hébridas'' é a máis austral das [[Hébridas Interiores]]. Os nativos de Islay son chamados ''Ìleach'' e o plural é ''Ìlich''. A capital da illa é [[Bowmore]], famosa pola súa destilería e a Igrexa de Kilarrow Parish, pero [[Port Ellen]] é o pobo maís importante.


Islay é a quinta illa máis grande de Escocia, ten pouco máis de 3.000 habitantes e máis de 600 quilómetros cadrados de superficie. A súa principal industria e a [[destilación]] de [[whisky]] e o [[turismo]] relacionado con esta bebida xunto ca [[birdwatching]] (''observación de aves'').
Islay é a quinta illa máis grande de Escocia, ten pouco máis de 3.000 habitantes e máis de 600 quilómetros cadrados de superficie. A súa principal industria e a [[destilación]] de [[whisky]] e o [[turismo]] relacionado con esta bebida xunto ca [[birdwatching]] (''observación de aves'').

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2010 ás 21:33

Islay
Vista da illa
Datos
Capital Bowmore
País Reino Unido
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Hebridas
Linguas Ingles
Poboación (2001) 3.457 hab.
Superficie 619´6 km²
Densidade
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura 491 m. Beinn Bheigier
Localización
[[Ficheiro: |330px|Localización da illa]]

Islay é unha illa escocesa, coñecida como A Raíña das Hébridas é a máis austral das Hébridas Interiores. Os nativos de Islay son chamados Ìleach e o plural é Ìlich. A capital da illa é Bowmore, famosa pola súa destilería e a Igrexa de Kilarrow Parish, pero Port Ellen é o pobo maís importante.

Islay é a quinta illa máis grande de Escocia, ten pouco máis de 3.000 habitantes e máis de 600 quilómetros cadrados de superficie. A súa principal industria e a destilación de whisky e o turismo relacionado con esta bebida xunto ca birdwatching (observación de aves).

A illa é fogar de moitas especies de aves e é un popular punto de reunión durante todo o ano para observadores de paxaros, cabe destacar que en Febreiro pódense ver grandes colonias de Branta laucopsis. Entre as aves que habitan a illa pódense atopar a chova piquirroxa, cormorans, o aguiucho pálido e o ostrero común e outras aves.

O clima en Islay é frecuentemente máis agradable que no resto das terras escocesas, debido á Corrente do Golfo. Moitas persoas consideran a Islay como a illa escosesa máis fermosa.

Xeografía

A poboación da illa está principalmente concentrada ao redor dos poboados de Bowmore, Port Ellen e Port Charlotte. Outras vilas e poboados menores son Portnahaven, Bridgend, e Port Askaig. O resto da illa está escasamente poboada e está dedicada á actividade agrícola.

O recuncho Suroeste da principal sección da illa é en gran parte rochoso, denominando a esta rexión como The Oa. O brazo oeste da illa é chamado Rhinns de Islay. Pódense achar unha gran cantidade de ensenadas.

Historia

A prehistoria de Islay data do período Mesolítico, cerca do ano 8.000 adC cos seus primeiros asentamentos no Neolítico. En Islay poden atoparse asentamentos continuos de fai dez mil anos.

O primeiro rexistro histórico comeza cun documento referente a San Columba, quen probablemente pasou por Islay na fundación do mosteiro de Iona no século VI. Neste tempo Islay atopábase dentro dos territorio do reino de Dál Riata, baixo o goberno dos Cenél nÓengusa.

Entre os séculos XIV e XVI a costa oeste de Escocia foi gobernada polo Señorío das Illas de Finlaggan, proveniente de Islay. Os orixenes deste señorío data desde aa derrota dos daneses na costa de Islay en 1566 a mans de Somerled.

En 1830 a poboación da illa descendeu dos 15.000 habitantes drasticamente, debido aos Highland Clearances. Os emigrantes de Islay instaláronse en Ontario, Canadá;Carolina do Norte, Carolina do Sur en Estados Unidos e Australia.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a Royal Air Force, construíu un campo de aviación en Glenegedale que máis adiante converteuse nun aeroporto civil para Islay. Había tamén unha base da Royal Air Force en Bowmore para avións que podían aterrar tanto na auga como en terra e utilizaba a Loch Indaal (Ensenada Indaal)

Clima

A influencia da Corrente do Golfo fai que o clima sexa comparable co de Escocia. A neve cae de cando en cando e a néboa é pouco densa e de curta duración. Algúns din que é o paraíso dos xardineiros, pois non é difícil atopar especies exóticas nos xardíns. Con todo os vendavais invernais que varren desde o Atlántico poden facer que sexa difícil viaxar e vivir durante esta estación, mentres que a navegación e os transbordos aéreos atrásanse con frecuencia. O bo tempo tende a chegar logo de Pascua, estendéndose en verán ata Setembro.

Transporte

As estradas de Islay son polo xeral són dunha soa vía. As rutas principais son a A846 desde Ardbeg a Port Askaig vía Port Ellen e Bowmore, e a A847 que corre pola costa este de Rhinns.

A illa conta co seu propio aeroporto (Glenegedale Airport) con servizos a Glasgow.

Destilerías

Na illa prodúcese unha variedade de whisky escocés especial denominado Whisky de Islay, que é producido amplamente polas destilerías da illa.

As destilerías do sur da illa producen un whisky de sabor turboso moi forte. Desde o Leste ao Oeste estan Ardbeg, Lagavulin, e Laphroaig. (Estes son considerados os whiskys/whiskies cos sabores máis intensos). No norte da illa Bowmore, Bruichladdich, Bunnahabhain, e a destilería Caol Ila tamén producen whisky, pero posúe un gusto máis lixeiro. Antigamente existían máis destilerías: Port Ellen pechouse en 1983 mentres que a Lochindaal en Port Charlotte foi pechada en 1929. Pouca mestura realízase na illa, con todo, desde que un grupo privado comprou a destilería Bruichladdich, o whisky é mesturado alí polo mestre destilador James McEwan.

Destilería de Bunnahabhain.

No 2005 abriuse unha pequena destilería na granxa Rockside. Chamada Kilchoman, foi oficialmente aberta en Xuño e destilou por primeira vez en Novembro.

Aparte do whisky, tamén hai unha cervexa inglesa orixinal de Islay. A cervexería de Islay Ales abriu as súas portas en Marzo do 2004 e elabora sete diferentes cervexas inglesas, algunhas das cales son estacionais, ou para ocasións especiais como o Festival Anual da Malta e a Música.

Enerxía undimotriz

A posición da illa, que se atopa exposta á forza o Altántico Norte, fixo deste sitio pionerio, primeiro en Escocia, tendo a primeira estación de enerxía undimotriz. Esta enerxía é a que se produce polo movemento das ondas e non se debe confundir coa enerxía maremotriz.

A planta está situada preto de Portnahaven. O xerador de Islay foi construído e deseñado por Wavegen, investigadores da Queen's University of Belfast e foi financiado pola Unión Europea. É chamado Limpet 500 (Land Installed Marine Powered Energy Transformer, que viría facer algo así como Transformardor de Enerxía Mariña Terrestre). A súa capacidade é de 500 kilowatts.

Pesca

En Islay pódense pescar as mellores troitas marrón de Europa. Non se importaron aínda troitas arcoiris, polo que as marróns seguen dominando o ecosistema de auga doce. Durante o ano 2003 celebráronse en cinco loch ("ensenadas") a Competencia Europea de Pesca.

Vista de Port Ellen

Insulares famosos

O fillo máis famoso de Islay é George Robertson, que foi secretario xeral da OTAN e foi tamén Secretario de Defensa Británico. En 1999 fixérono Lord de Port Ellen.

O xeneral Alexander McDougall, foi unha figura na revolución americana e o primeiro presidente do Banco de Nova Iorque, naceu en Islay en 1731.

O reverendo Donald Caskie (1902-1983) oriúndo de Islay, foi coñecido como "Tartan Pimpernel" durante a Segunda Guerra Mundial debido ás súas grandiosas fazañas en Francia.

Gleen Campbell, reporte político da BBC, foi levado a Islay onde tamén traballou na escola secundaria. Aínda é recorada a súa presentación na xornada anual de pantomima.

Tradicións Célticas

En Islay estaba a Pedra de Inauguración de Loch Finlaggan. Era de sete pés de altura e tiña marcas de pegadas feitas sobre ela. Cando o xefe do Clan Donald foi instalado como "Rei das Illas" el parouse descalzo sobre as impresións da pedra e o bispo de Argyll e sete sacerdotes máis, nomeouno Rei. Durante a cerimonia un orador recitou unha lista dos seus antepasados e el era proclamado -Macdonald, Príncipe Alto da semente Conn-. O bloque de pedra foi destruído deliberadamente a principios do século XVII.