Xano (deus): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: hu:Ianus
{{Link FA|la}}
Liña 17: Liña 17:


[[Categoría:mitoloxía romana]]
[[Categoría:mitoloxía romana]]
{{Link FA|la}}


[[an:Chan (dios román)]]
[[an:Chan (dios román)]]

Revisión como estaba o 1 de xaneiro de 2010 ás 12:43

Busto romano do deus Xano, Museo Vaticano

Na mitoloxía romana, Xano (en latín Janus) é unha deidade que tiña dúas caras mirando para ambos lados do seu perfil. Pai de Fontus. Xano era o deus das portas, os comezos e os finais. Por iso se lle consagrou o primeiro mes do ano, xaneiro.

A súa representación habitual é bifronte, isto é, con dúas caras mirando en sentidos opostos. É o deus dos cambios e as transicións, dos momentos nos que se traspasa o pasado do futuro. A súa protección, esténdese cara aqueles que desexan variar a orde das cousas. Honrábase cada vez que se iniciaba un proxecto novo, nacía un cativo ou se contraía matrimonio.

O seu principal templo no Foro romano tiña portas que daban ao este a ao oeste, para recibir luz da alba e do solpor, e entre elas situábase a súa estatua, con dúas caras, cada unha mirando en sentidos opostos. En tódolos fogares dirixíaselle a pregaria matutina, e en toda tarefa doméstica procurábase a súa asistencia. Como deus dos comezos, invocábase publicamente o primo dia de xaneiro (Ianuarius). Invócase tamén ao iniciar unha guerra, e mentres esta durara, as portas do seu templo ficaban sempre abertas, cando Roma estaba en paz, a portas fechábanse. Xano non ten equivalente na mitoloxía grega.

Ao igual que Prometeo, Xano é unha sorte de heroe cultural, xa que atribúeselle, entre outras cousas, a invención do diñeiro, das leis e da agricultura.

As dúas caras reciben o nome de Xano Patulsio (patulsius) e Xano Clusivio (clusivius).

Ligazóns externas

Modelo:Link FA