Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: es:Los Ancares; cambios estética
Lmbuga (conversa | contribucións)
+foto
Liña 9: Liña 9:
<gallery>
<gallery>
Ficheiro:Comarca Ancares.png
Ficheiro:Comarca Ancares.png
Ficheiro:O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro, comarca dos Ancares.jpg|O Cebreiro, [[Pedrafita do Cebreiro]]

</gallery>
</gallery>



Revisión como estaba o 1 de xaneiro de 2010 ás 03:41

Comarca dos Ancares
Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca que toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental da Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao N) e O Courel (ao S). Os Ancares teñen 12.480 habitantes (datos de 2007), e uns 907 km2, por tanto posúen unha baixa densidade poboacional.

Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

Galería de imaxes

Vexa tamén a Galería de imaxes da comarca dos Ancares

Véxase tamén

Serra dos Ancares



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.