Monoplacóforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
pequeno arranxo
Liña 47: Liña 47:
Unha das clasificacións actuais sinaña que hai unhas 20 especies vivas, distribuídas en 7 xéneros.
Unha das clasificacións actuais sinaña que hai unhas 20 especies vivas, distribuídas en 7 xéneros.


=== Clasificación de la clase Monoplacophora ===
=== Clasificación da clase Monoplacophora ===


* '''Clase Monplacophora Odhner, 1940'''.
* '''Clase Monplacophora Odhner, 1940'''.

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2009 ás 17:09

Monoplacóforos
Ficheiro:Neopilina001.jpg

Neopilina é un monoplacóforo.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Sen rango: Bilateria
Superfilo: Lophotrochozoa
Filo: Mollusca
Clase: Monoplacophora
Ordes

Os monoplacóforos (Monoplacophora) son unha clase de moluscos creada non hai moito tempo (1952), e representada inicialmente pola especie Neopilina galatheae descuberta e recollida en México a uns 3.600 m. de profundidade. Posteriormente foron descubertas outras especies vivas, ademais xa se coñecían moitos fósiles de inicios do Cambriano[1].

Características xerais

Yochelcionella cyrano

As características máis destacadas deste grupos son:

  • Os monoplacóforos son animais planos, cunha cuncha con forma de cúpula, semellando unha lapa. Presentan simetría bilateral
  • Na parte inferior do corpo presentan unha boca , cuns tentáculos preorais, e no seu interior atópase unha rádula; a continuación un estómago simple cun saco que contén o estilo cristalino. Logo segue un Intestino enroscado e remata nun ano.
  • No interior da cavidade paleal hai 5 pares de branquias de tipo ctenidio.
  • Existen uns 6 pares de nefridios que abren no suco paleal, na base das branquias.
  • O aparato reprodutor ten dous pares de gónadas grandes as cales desembocan respectivamente no terceiro e cuarto nefridios, saíndo os gametos a través dos gonóporos.

Clasificación

Unha das clasificacións actuais sinaña que hai unhas 20 especies vivas, distribuídas en 7 xéneros.

Clasificación da clase Monoplacophora

Bibliografía

  1. Heinz A. Lowenstam and Stephen Weiner, On Biomineralization, Oxford University Press, New York, p. 89 (1989)

Véxase tamén

Ligazóns externas