Afección (hobby): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: lt:Pomėgis
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: gv:Ceau emshir
Liña 65: Liña 65:
[[fy:Leafhawwerij]]
[[fy:Leafhawwerij]]
[[ga:Caitheamh aimsire]]
[[ga:Caitheamh aimsire]]
[[gv:Ceau emshir]]
[[hr:Hobi]]
[[hr:Hobi]]
[[hu:Hobbi]]
[[hu:Hobbi]]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2009 ás 15:22

Unha afección, tamén coñecida como hobby ou pasatempo, é unha actividade humana que ten como fin principal o entretemento da persoa que a realiza e que ocupa, normalmente, o seu tempo de lecer. Esta actividade realízase de maneira habitual e non sempre procura unha finalidade produtiva concreta. Do mesmo xeito, moitas actividades poden ter unha vertente profesional ou produtiva e outra propia da do pasatempo, así a cociña ou a programación de computadores poden ser para unha persoa unha profesión, unha afección ou, mesmo, as dúas cousas a un tempo.

Xeralmente o termo aficionado aplícase a todas aquelas actividades practicadas sen un carácter profesional, isto é coma unha simple afección persoal. Desta maneira pódese ditinguir, por exemplo, un deportista aficionado coma aquel que practica algún deporte para pasar o tempo, daquel que o fai por motivacións económicas.

Tipos de afección

Coleccionismo

Consiste na actividade centrada na adquisición dunha serie de artigos que gozan dalgún valor especial para a persoa que colecciona. Habitualmente o coleccionista soe comprar e intercambiar obxectos con outras persoas que comparten esta afección e a miúdo teñen as súas coleccións perfectamente organizadas e coidadas. Dado o carácter estrictamente persoal que se lle dá ao valor das coleccións estas poden ser moi variadas e ir desde aspectos moi concretos como botellas de cervexa até aspectos máis xerais como selos do mundo. Entre os diferentes tipos de coleccionismo poderíamos citar: obxectos artísticos, antigüidades, postais, chaveiros, almanaques, autógrafos, etc. Porén os coleccionismos máis estendidos son a filatelia e a numismática.

Xogos

Son actividades recreativas estruturadas (ou semiestruturadas) cun fin lúdico (aínda que as veces poidan ter tamén unha finalidade de entrenamento mental ou físico). O que identifica e define a cada xogo son os obxectivos que os xogadores deben atinxir respectando unha serie de regras dadas. Deste xeito pódense distinguir unha enorme variedade de xogos: videoxogos, xogos de mesa, de rol, de simulación, de estratexia, etc. Algúns xogos destacados son: o xadrez, o tetris, as damas, parchís, tute, sete e medio, póker, o backgammon, dominó, Dragóns e alxubes, etc.

Algúns xogos supoñen a realización de actividades físicas o que fai que a fronteira entre xogo e deporte sexa ás veces moi difícil de establecer ou que se inclúan todos os deportes como xogos. De feito moitos deportes comezaron como xogos. Así na fronteira entre o xogo popular e o deporte: a chave, a billarda, a petanca, o brilé, etc. E xa como deportes que son practicados coma unha afección: fútbol, balonmán, baloncesto, atletismo, etc.

Resulta tamén complicado establecer unha diferenciación entre xogo, deporte e toda unha serie de actividades recreativas que se realizan ao ar libre. Deste xeito o sendeirismo, o montañismo, o skate, montar en bici, montar a cabalo, o surf, etc. encóntranse a medio camiño entre as diferentes definicións, sendo moitas veces a propia actitude do practicante a que establece se estamos a falar dunha afección deportiva ou lúdica (ou de ambas).

Actividades artísticas e creativas

Moitas persoas son aficcionadas a realizaren as máis diversas actividades de carácter artístico, tales como o canto, tocar algún instrumento musical, a escritura, a danza, a pintura, a fotografía, etc.

Existen outras moitas prácticas realizadas como afección que aínda sendo creativas non adoitan ser consideradas como unha arte. Entre estas podemos citar unha extensa lista: ebanistería, papiroflexia, a maxia, etc.

Dentro deste tipo de afeccións creativas hai un peqeuno grupo delas qeu atinxiron unha grande importancia como hobbies. Son o modelismo, a cociña e a xardinería.

O modelismo

Consiste na realización de réplicas de obxectos da vida real a un tamaño reducido e a escala. esta práctica está documentada xa desde moi antigo mais só en datas máis recentes coa extensión de materiais facilmete manipulábeis se extendeu esta práctica como afección. Entre os diferentes tipos de modelismo destaca o aeromodelismo (reproducción de avións a pequena escala capaces de voar), o tren eléctrico, pintado de miniaturas, recreación de casas e mobiliario, maquetas de cidades, etc.

Existe unha variedade de xogos que inclúen elementos do modelismo ao procurar recrear a realidade e que está presente tanto en videoxogos, como en xogos de rol ou mesmo en xogos máis convencionais.

A cociña

En principio unha necesidade, o acto de preparar os alimentos para o seu consumo converteuse tamén nunha afección moi estendida entre aqueles sectores da sociedade que teñen facilidade para satisfacer as súas necesidades alimenticias. Deste xeito adquiren un grande interese a selección dos ingredientes, os utensilios a empregar e tamén dos diferentes métodos para a preparación, presentación e mesmo o xeito de consumir os pratos.

A xardinería

Esta afección procura o coidado de plantas e xardíns con fins principalmente estéticos (aínda que se poden procurar atinxir outros aspectos coma o aproveitamento da enerxía, a alimentación, buscar áreas de lecer, etc.). Cómpre seleccionar ben as especies que se queren sementar, o lugar onde facelo, os fertilizantes, as podas, etc.

Unha variante da xardinería é o coidado de bonsais, unha práctica importada do Xapón consistente en cultivar árbores e prantas, reducindo o seu tamaño mediante diversas técnicas e modelando a súa forma para crear un estilo que recorde unha escena da natureza.

Actividades contemplativas

Neste apartado incluiríanse actividades consistentes na contemplación de actividades realizadas por outros, sexan estas artísticas ou doutro tipo. Dentro desta categoría estarían importantes actividades coma a leitura (de libros, revistas, fanzines, xornais, etc.), ir ao cinema, ver a televisión, ir ao teatro, ir a exposicións, escoitar música, asistir a partidos de fútbol, etc.

Véxase tamén

Outros artigos