Soundgarden: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:声音花园
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Soundgarden
Liña 76: Liña 76:
[[es:Soundgarden]]
[[es:Soundgarden]]
[[et:Soundgarden]]
[[et:Soundgarden]]
[[eu:Soundgarden]]
[[fa:ساوندگاردن]]
[[fa:ساوندگاردن]]
[[fi:Soundgarden]]
[[fi:Soundgarden]]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2009 ás 04:10

Soundgarden
OrixeSeattle, Washington, Estados Unidos
Período1984 - 1997
Xénero(s)Grunge
Selo(s) discográfico(s)SST
A&M
Sub Pop
MembrosChris Cornell
Kim Thayil
Ben Shepherd
Matt Cameron
Hiro Yamamoto
Jason Everman
Scott Sundquist
Na rede
http://www.soundgardenworld.com/
IMDB: nm2929375 Facebook: Soundgarden Twitter: soundgarden Instagram: soundgarden MySpace: soundgarden Youtube: UCHKSayVT2Ks-gQBXmMLGTag Bandcamp: soundgardenSouncloud: soundgarden Spotify: 5xUf6j4upBrXZPg6AI4MRK iTunes: 133036 Last fm: Soundgarden Musicbrainz: 153c9281-268f-4cf3-8938-f5a4593e5df4 Songkick: 44690 Discogs: 105731 Allmusic: mn0000001098 Deezer: 1865 Genius: Soundgarden Editar o valor em Wikidata

Soundgarden foi unha banda de rock estadounidense procedente de Seattle que axudou a definir o grunge. É unha das catro grandes bandas de grunge de Seattle, xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam.

Biografía

As orixes: Seattle

A pesares de ser unha das principais bandas do movemento grunge e, así como Pearl Jam e Nirvana, ter nacido en Seattle, os dous membros fundadores de Soundgarden non son desa cidade. Kim Thayil (guitarrista), Hiro Yamamoto (baixista) e Bruce Pavitt eran amigos en Illinois, e, en 1981, decidiron mudarse para Olympia para tentar matricularse nalgunha universidade. Despois mudáronse para Seattle, atraídos pola escena musical desa cidade (Thayil coñecía a cidade xa que vivira alí unha parte da súa infancia). Thayil e Hiro formaron algunhas bandas, entre elas Shemps, ao lado do guitarrista Matt Dentino. Despois dalgún tempo, Hiro participou noutra banda que tiña como batería a un xoven Chris Cornell. Thayil uníuse a eles en 1984 e chamáronlle á banda Soundgarden. Cornell pasou a ser o vocalista da banda e Scott Sundquist ocupou a batería durante un ano. Bruce non seguiu os pasos dos seus amigos: el fundou un fanzine que tempo despois converteríase no selo alternativo Sub Pop.

Nos primeiros anos da banda, eles tocaron e fixeron nome nos clubes de Seattle. Chegaron a tocar algunhas veces com Hüsker Dü e The Melvins. A escena grunge estaba comezando a formarse, e Soundgarden estaba vivindo e axudando a crear ese momento. O son da banda aínda non estaba moi ben definido: era unha mestura de heavy metal cun son máis alternativo. En 1986, eles gravaron dúas cancións para un disco chamado Deep Six, que tiña no seu playlist a outras bandas como The Melvins, Skin Yard e Green River (o embrión de Mudhoney e de Mother Love Bone). Aínda en 1986, cambian de batería: sae Scott (que estaba casado e tiña fillos) e entra Matt Cameron, que tocaba en Skin Yard. No ano de 1987, o selo Sub Pop de Bruce Pavitt xa era unha realidade, e Soundgarden foi unha das súas primeiras adquisicións. Asinaron contrato no verán dese mesmo ano.

Aínda en 1987, lanzan o EP chamado Screaming Life. Despois, xa en 1988, lanzan outro EP de nome Fopp. Máis tarde, en 1990, eles deciden relanzar os dous discos nun, de nome Fopp/Screaming Life. A banda xa tiña prestixio no círculo underground americano, cando asinou con outro selo alternativo, SST Records. No ano 1988, eles lanzam o disco Ultramega OK. Aínda en 1988 trocan novamente de selo. A nova casa agora é a A&M Records, que xa tentara contratalos nos tempos da Sub-Pop. O seu primeiro disco por este selo é Louder Than Love, lanzado no comezo de 1989. O título orixinal era Louder Than Fuck, pero deciciron cambialo para evitar polémicas. Despois dese lanzamento, Yamamoto decide deixar a banda para ingresar na Universidade. Jason Everman, que tocara con Nirvana, é o seu substituto.

Con Everman no baixo, a banda excursiona con Voivod e Faith No More. Pero Everman non se queda moito tempo, e en 1990 entra no seu lugar Ben Shepherd. Foi con esa formación coa cal Soundgarden entrou na historia: Ben Shepherd (baixo), Chris Cornell (voz), Kim Thayil (guitarra) e Matt Cameron (batería).

Máis ou menos nesa época, o vocalista de Mother Love Bone, Andrew Wood, morre de sobredose. El era moi amigo do persoal de Soundgarden, e estes, ao lado dalgúns integrantes de Pearl Jam, deciden gravar algunhas cancións en homenaxe ao seu falecido amigo. Ese proxecto paralelo acaba nun disco, e a banda acaba sendo coñecida como Temple of the Dog. O disco sae pola propia A&M Records, en 1991. É nese disco onde está o emocionante dueto de Chris Cornell e Eddie Vedder, na canción "Hunger Strike".

A madurez: Badmotorfinger

En 1991, Soundgarden volta ao estudio, ao lado do produtor Terry Date, para a gravación dun novo álbum. Badmotorfinger sae aínda en 1991. Con varias cancións soando na MTV e nas radios (entre elas: "Rusty Cage" e "Jesus Christ Pose") a banda comeza a ter éxito entre un público máis amplo, que non coñecía ao cuarteto de Seattle anteriormente. A banda fai xiras con Guns ‘n Roses, Skid Row, Monster Magnet, Faith No More e Neil Young, aparte de participar do festival anual Lollapalooza.

Quedou claro tamén que Soundgarden era unha daquelas bandas que evolúe a cada álbum. A tendencia do grupo sempre fora un son cada vez máis experimental, o que persistiría nos álbums vindeiros.

O estoupido: Superunknown

En 1993, a banda volta ao estudio para gravar un novo disco. En 1994 é lanzado Superunknown. O disco ten varios "hits", entre eles, a canción "Black Hole Sun", que convertíuse na canción–símbolo da banda e un dos himnos do grunge. Ese disco deulle varios premios ao grupo, que agora, definitivamente, era coñecido en todo o mundo. O conxunto participa en varias xiras, tocando ao lado de nomes como Screaming Trees, Reverend Horton Head e You Am I. Algunhas xiras por Europa foron canceladas debido a un problema nas cordas vocais de Chris Cornell.

En 1996, a banda lanza o disco Down on the Upside, que é máis longo e denso que os anteriores, e talvez por iso non tivo tanto éxito coma os outros. Tamén por ser lanzado cando o grunge estaba comezando a perder folgos. Pero, entre os fans mais ardentes do grupo, é considerado o mellor de todos ata o momento. A pesares de non ser tan accesible posúe algúns "hits", entre eles, "Blow Up the Outside World", "Burden in My Hand" e "Pretty Noose". Iniciaron outra longa xira, novamente tendo algunhas paradas por causa dos problemas de voz de Chris. Participaron tamén nunha nova edición do Lollapalooza.

Este último álbum (talvez unha despedida involuntaria), retrata como a banda se sentía na época. A pesar de estar na cima da fama e o recoñecemento, no lado da cima (up side), eles continuaban "down". A escada de discográficas subida pola banda (dende a Sub-Pop, selo alternativo de Seattle, ata a A&M Records) comproba iso. Neste disco eles mesmos fixeron o labor de produción. Tal vez por iso ese sexa considerado polos fans de Soundgarden o seu mellor disco.

Pouco a pouco os integrantes da banda foron envolvéndose noutros proxectos, e o fin da banda comezou a parecer próximo. En abril de 1997, a banda anuncia o seu fin. "They mutually decided to disband to pursue other interests" (algo como: "Eles [a banda] reciprocamente decidiron separarse para perseguir outros intereses"), dicía o comunicado oficial que a banda divulgou. A pesar de ser a versión oficial, houbo rumores de problemas entre Ben e o resto da banda.

O último lanzamento da banda foi un recopilatorio chamado A-Sides que reúne algúns dos seus maiores éxitos ao longo de seus 10 anos de carreira.

Actualmente, os ex-integrantes de Soundgarden continúan coas súas carreiras musicais. Por exemplo, Matt Cameron está en Pearl Jam, mentres que Chris Cornell lanzou o seu disco en solitario, titulado Euphoria Morning, e actualmete é o vocalista de Audioslave. E Shepperd toca nunha banda chamada Devilhead.

Discografía

Ligazóns externas