La: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: sh:Vuna
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ga:Olann
Liña 25: Liña 25:
[[fi:Villa]]
[[fi:Villa]]
[[fr:Laine]]
[[fr:Laine]]
[[ga:Olann]]
[[he:צמר]]
[[he:צמר]]
[[hi:ऊन]]
[[hi:ऊन]]

Revisión como estaba o 27 de decembro de 2009 ás 01:04

Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase La (nota), e para o do elemento químico de símbolo La véxase Lantano.
Imaxe dun feixe de la.

A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñese moitos produtos téxtis, como sacas, luvas ou prendas de roupa.

O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.

Obtención da la

As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano de un a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo trátese dunha raza ou outra. As partes illadas do vellón mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vellón ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.

Modelo:Link FA