Arco do Triunfo de París: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
TobeBot (conversa | contribucións)
Liña 69: Liña 69:
[[th:ประตูชัยฝรั่งเศส]]
[[th:ประตูชัยฝรั่งเศส]]
[[tr:Zafer Takı, Paris]]
[[tr:Zafer Takı, Paris]]
[[uk:Тріумфальна арка (Париж)]]
[[vi:Khải Hoàn Môn (Paris)]]
[[vi:Khải Hoàn Môn (Paris)]]
[[zh:巴黎凯旋门]]
[[zh:巴黎凯旋门]]

Revisión como estaba o 25 de decembro de 2009 ás 00:22

O Arco do Triunfo de noite

O Arco do Triunfo de París (Arc de Triomphe, en francés) é un dos arcos do triunfo máis famosos do mundo. Atópase na praza Charles de Gaulle, no extremo oeste da avenida Champs-Élysées. Antigamente, o nome da praza era Place de l'Étoile.

Historia

Napoleón Bonaparte decidiu construír este arco trala súa vitoria na batalla de Austerlitz (1805), tras prometer aos seus homes: «Volveredes a casa baixo arcos triunfais». Foi deseñado por Jean Chalgrin, inspirado na arquitectura romana, e acada unha altura de 49 metros e 45 de ancho. Posúe unha estatua en cada un dos seus catro alicerces:

  • Le Triomphe (O Triunfo), de 1810
  • La Résistance (A Resistencia)
  • La Paix (A Paz)
  • Départ des volontaires de 1792 ou A Marseillaise (A Marsellesa, de François Rude)
Interior do Arco do Triunfo

Sobre as caras exteriores do Arco están gravados os nomes de grandes revolucionarios e as vitorias militares de Napoleón I. Sobre os muros interiores do monumento están inscritos os nomes dos 558 xenerais do Imperio Francés. Os nomes daqueles que morreron en combate están subliñados.

Napoleón mudou de idea no último intre á hora de realizares un monumento na praza da Estrela (Place de l´Étoile), xa que nun principio o monumento que se ía construír era un elefante de máis de 50 metros que botase un chorro de auga pola trompa. Esta construción sería quizais máis impresionante se cabo có actual Arco do Triunfo erixido pola vitoria na batalla de Austerlitz.

Proxecto de Charles Ribart do elefante triunfal (1758)

Dentro do Arco atópase un museo que explica a súa historia e construción. É posible ascender ao teito desde onde se pode gozar dunha vista panorámica dalgúns dos lugares turísticos máis famosos de París.

O Arco do Triunfo forma parte dos monumentos nacionais que posúen unha forte carga histórica. Aos seus pés atópase a Tumba ao Soldado Descoñecido da Primeira Guerra Mundial, en cuxa superficie hai unha inscripción: ICI REPOUSE UN SOLDAT FRANÇAIS MORT POUR A PATRIE 1914-1918 («Aquí xace un soldado francés morto pola Patria 1914-1918») e unha chama continuamente acesa que as asociacións de antigos combatientes ou de vítimas de guerras reavivan todos os días ás seis e media da tarde, conmemorando a súa lembranza que é revivida cada 11 de novembro, aniversario do armisticio asinado en 1918 entre Francia e Alemaña que puxo fin á Primeira Guerra Mundial.

Ligazóns externas