Símaco, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ceb:Símaco
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ar:سيماكو; cambios estética
Liña 17: Liña 17:
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente aos bispos de [[África]] que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións a que os [[vándalo]]s, de doutrina [[arrianismo|arriana]], someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.
Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente aos bispos de [[África]] que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións a que os [[vándalo]]s, de doutrina [[arrianismo|arriana]], someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.


==Ligazóns externas==
== Ligazóns externas ==
* [http://www.documentacatholicaomnia.eu/01_01_0498-0514-_Symmachus,_Sanctus.html Obras]
* [http://www.documentacatholicaomnia.eu/01_01_0498-0514-_Symmachus,_Sanctus.html Obras]


Liña 30: Liña 30:


[[af:Pous Simmachus]]
[[af:Pous Simmachus]]
[[ar:سيماكو]]
[[be:Сімах, папа рымскі]]
[[be:Сімах, папа рымскі]]
[[bg:Симмах]]
[[bg:Симмах]]

Revisión como estaba o 24 de decembro de 2009 ás 22:31

Modelo:PapS-VI

Símaco, nado en Sardeña cara ó ano 450 e falecido en Roma o 19 de xullo de 514, foi o 51º papa da igrexa católica entre 498 e 514.

Fillo dun tal Fortunato, foi arquidiácono durante o pontificado de Anastasio II, ao que sucedeu no pontificado ao ser elexido por unha parte do clero romano.

O mesmo día da súa elección, o 22 de novembro de 498, unha facción disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino Anastasio I, encabezada polo senador Festo, procedeu á elección do arcipreste de Santa Práxedes, Lourenzo, como antipapa.

Ante a existencia de dous pontífices, o rei ostrogodo Teodorico o Grande, intentou acabar co nacente cisma apoiando a Símaco. Finalmente, este convocou un concilio o 1 de marzo de 499, no que Lorenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontifíce, foi nomeado bispo de Nocera. Neste sínodo decretouse que todo clérigo que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir ao seu futuro sucesor, sería excomungado.

Porén, o cisma reiniciouse en 501, cando o senador Festo acusou a Símaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer ante o rei para responder das acusacións alegando que ningún poder temporal tiña xurisdicción sobre el.

O 23 de outubro de 502 convocouse un novo sínodo, coñecido como Synodus Palmaris, que decretou que ningunha corte humana podía enxuizar a un papa xa que este só podía ser xuzgado por Deus.

Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no Palacio de Letrán como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en 506, o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola súa excesiva connivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Símaco.

Durante o seu pontificado, Símaco apoiou economicamente aos bispos de África que se encontraban desterrados en Sardeña tralas persecucións a que os vándalos, de doutrina arriana, someteran á Igrexa do norte de África. Tamén concedeu a liberdade aos escravos que mantiña a Igrexa, e atribúeselle a construción inicial do Palacio Vaticano.

Ligazóns externas

Predecesor:
Anastasio II
papa

498-514
Sucesor:
Hormisdas