Laredo, Cantabria: Diferenzas entre revisións
RNC (conversa | contribucións) mSen resumo de edición |
m moveu "Laredo" a "Laredo, Cantabria" |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 23 de decembro de 2009 ás 07:10
Laredo é unha vila e un concello español da Comunidade Autónoma de Cantabria, sito na súa parte oriental e sobre o Mar Cantábrico. No ano 2007 contaba cunha poboación de 12.835 habitantes (INE), sobre unha área municipal de 13 km².
É cabeza comarcal do val baixo do Asón, e como tal empresta servizos aos concellos limítrofes (Colindres, Limpias, Bárcena de Cicero, Liendo, Ampuero, etc.).
Xeografía
Situado na desembocadura oriental do río Asón, na súa maior parte é un extenso areal de máis de 5 km chamado La Salvé. Porén, a superficie é sobre todo chaira e areosa; aínda que ao seu arredor aparecen terreos alombados. A maior parte do territorio está ocupado por edificacións, pese a que son frecuentes as fragas de eucaliptos, piñeiros e castiñeiros, así como vexetación de tipo dunar na área de praia.
Economía
Economicamente, pasou de vivir, hai pouco máis de 30 anos, da pesca a depender do sector servizos. Dentro deste merece mención especial a hostelería, á que se dedica unha parte importante da súa poboación activa, e está destinada a cubrir as necesidades de ocio das numerosas persoas que visitan a vila, designadamente na época do verán. De feito, Laredo é unha referente do tópico turismo de sol e praia no norte da Península.
A industria municipal está baseada na transformación dos produtos pesqueiros, en especial da transformación do bocareo en anchoa, e máis nas pequenas empresas familiares. O sector primario, por contra, foi perdendo importancia, aínda que polo de agora son moitos os laredanos que se dedican a este tipo de labor.
Patrimonio cultural
A súa historia vén definida polo antigo esplendor como localidade vencellada ao Mar Cantábrico. Dentro do seu núcleo urbano son correntes as casas soaregas brasonadas e numerosos os centros relixiosos, entre os que cómpre destacar a igrexa gótica de Santa María da Asunción (século XIV).
Localidades
- La Arenosa
- El Callejo
- Las Cárcobas
- Las Casillas
- Laredo (Capital)
- La Pesquera
- Tarrueza
- Villante
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Laredo, Cantabria |