Nutrición autótrofa: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: mk:Автотроф |
m bot Engadido: fiu-vro:Orgaanikaluuja |
||
Liña 54: | Liña 54: | ||
[[fa:خودپروردگی]] |
[[fa:خودپروردگی]] |
||
[[fi:Tuottaja (biologia)]] |
[[fi:Tuottaja (biologia)]] |
||
[[fiu-vro:Orgaanikaluuja]] |
|||
[[fr:Autotrophie]] |
[[fr:Autotrophie]] |
||
[[he:אוטוטרוף]] |
[[he:אוטוטרוף]] |
Revisión como estaba o 20 de decembro de 2009 ás 06:18
A nutrición autótrofa (de autos, "por si mesmo", e trofo, "que se alimenta") é o tipo de nutrición característica dos denominados individuos autótrofos ou produtores, é dicir, aqueles capaces de sintetizar substancias esenciais para o seu metabolismo partindo de substancias inorgánicas. Existen dous tipos de procesos autótrofos:
- A fotosíntese dos seres fotolitoautrótofos (característico de plantas e outros organismos).
- A quimiosíntese dos organismos quimiolitróficos realizada por bacterias mediante a oxidación de compostos inorgánicos (anhídrido sulforoso ou compostos ferrosos) para producir enerxía.
Tipos de organismos autótrofos
Os fotosintéticos
A fotosíntese é un dos procesos metabólicos máis importantes desenvolvidos na natureza, xa que a materia orgánica sintetízase durante este proceso. Realízase nos cloroplastos das células vexetais, onde se localizan os pigmentos fotosintéticos capaces de absorber e captar a enerxía luminosa procedente do sol. Estes pigmentos son a clorofila (verde), as xantófilas (amarelas) e os carotenoides (alaranxados).
Fases da fotosíntese
- Artigo principal: Fotosíntese.
- Paso de membrana: proceso no que as moléculas inorgánicas sinxelas (auga, sales minerais e dióxido de carbono) atravesan a membrana celular da propia célula por absorción directa, sen gasto enerxético.
- Metabolismo: é o conxunto de reaccións químicas que acontecen no citoplasma celular, e que teñen por resultado a obtención de enerxía bioquímica utilizable pola célula e a fabricación da súa propia materia celular.
A súa vez este proceso presenta tres fases:
- A fotosíntese en si: onde se parte de materia inorgánica para a dar lugar a materia orgánica, principalmente de azucres (na fase escura), coa axuda da enerxía bioquímica que produce a clorofila a partir da enerxía solar (fase luminosa). A principal fonte é o dióxido de carbono do aire. Acontece nos cloroplastos e a súa ecuación xeral é a seguinte:
- O catabolismo é a fase de destrución, onde mediante a respiración celular nas mitocondrias, obtense enerxía bioquímica grazas á oxidación da materia.
- O anabolismo é a fase de construción na que se utiliza a enerxía da fotosíntese do catabolismo para a síntese de moléculas ricas en enerxía.
- Excreción: é a eliminación, a través da membrana celular, dos produtos de refugallo procedentes do metabolismo. O osíxeno libérase pois como produto residual e logo é utilizado pola meirande parte dos organismos para a súa respiración celular.
Os quimiosintéticos
Son seres que non precisan da luz do sol para obter enerxía para a construción da súa propia materia orgánica. Estes seres conseguen a enerxía mediante a oxidación dalgunhas moléculas inorgánicas (basicamente algúns compostos de ferro, nitróxeno e xofre). Todos os seres que realizan este tipo de procesos pertencen ao reino das moneras, onde se atopa o grupo das bacterias.
Seres autótrofos na cadea trófica
Como membros da cadea trófica, os organismos produtores son unha parte esencial, xa que absorben a enerxía solar e aproveitan as fontes inorgánicas transfórmandoas en produtos orgánicos. Finalmente estas substancias serán empregadas nas funcións biolóxicas da propia célula e tamén por outros seres vivos (os heterótrofos) que se alimenten delas. Para os heterótrofos, a obtención de enerxía débese á rotura dos enlaces das moléculas inxeridas e na posterior elaboración das propias substancias.