Animismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|200px|Chamán [[urarina]] O '''animismo''' (do latín ''ánima'', alma) é un concepto que abrangue diversas crenzas nas que tanto os..."
 
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: es:Animismo
Liña 30: Liña 30:
[[en:Animism]]
[[en:Animism]]
[[eo:Animismo]]
[[eo:Animismo]]
[[es:Animismo]]
[[et:Animism]]
[[et:Animism]]
[[eu:Animismo]]
[[eu:Animismo]]

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2009 ás 01:30

Chamán urarina

O animismo (do latín ánima, alma) é un concepto que abrangue diversas crenzas nas que tanto os obxectos (útiles de uso cotián ou ben aqueles reservados a ocasións especiais) como calquera elemento do mundo natural (montañas, ríos, o ceo, a terra, determinados lugares característicos, rochas, plantas, animais, árbores, etc) están dotados de alma e son venerados ou tidos como deuses.

Malia caber dentro desta concepción múltiples variantes do fenómeno, como a crenza en seres espirituais, incluídas as almas humanas, na práctica a definición esténdese que seres sobrenaturais personificados, dotados de razón, intelixencia e vontade, habitan os obxectos inanimados e gobernan a súa existencia. Isto pódese expresar sinxelamente como que todo está vivo, é consciente ou ten unha alma.

En África o animismo atópase na súa versión máis complexa e rematada, sendo así que inclúe o concepto de magara ou forza vital universal, que conecta a todos os seres animados, así como a crenza nunha relación estreita entre as almas dos vivos e dos mortos. Noutros lugares o animismo é en cambio a crenza na que os obxectos (como animais, ferramentas e fenómenos naturais) son ou posúen expresións de vida intelixente.

Os neopaganos ás veces describen como animista ao seu sistema de crenzas; un exemplo desta idea é que a Deusa nai e o Deus cornudo coexisten en todas as cousas. Así mesmo, os panteístas igualan a Deus coa existencia.

O termo tamén é o nome dunha teoría da relixión proposta en 1871 polo antropólogo sir Edward Burnett Tylor no seu libro Primitive Culture (Cultura primitiva).

Ligazóns externas