Mango: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: new:मांगो
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hu:Mangó
Liña 29: Liña 29:
[[he:מנגו]]
[[he:מנגו]]
[[hi:लंगड़ा आम]]
[[hi:लंगड़ा आम]]
[[hu:Mangó]]
[[id:Mangga]]
[[id:Mangga]]
[[ja:マンゴー]]
[[ja:マンゴー]]

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2009 ás 23:35

O mango, man, presa ou agarre é o lugar onde se prende unha ferramenta coa man. Estas ferramentas poden ser de pequeno tamaño como o coitelo, medianos como a fouce ou a francisca ou grandes como a forcada. Os mangos poden estar adaptados á forma da man ou ser simplemente lisos, e poden ser dun material distinto ó da ferramenta para a que serven (á que normalmente se lle chama cabeza por oposición, sobre todo no machado, aínda que tamén recibe o nome de dentes, punta ou gume) ou do mesmo material. Este material adoita ser madeira nas ferramentas máis tradicionais (martelo, machado, angazo, mallo ou arado), pero pode ser ferro (por exemplo nos cubertos) ou plástico nas máis modernas (desparafusador). Porén, non tódolos extremos cos que se manexa unha ferramenta son un mango: por exemplo, na espada ou na gadaña chámaselle normalmente empuñadura.

Na actualidade, o deseño dos mangos ten grande importancia debido a que é a parte coa que se manexa a ferramenta en cuestión e a que é a superficie que entra en contacto coa man: así, por exemplo nas potas ou no manexo de material corrosivo, adoitan considerar medidas de seguridade para evitar accidentes de traballo. Ó deseño consciente dos mangos para maior comodidade e seguridade do usuario entra dentro da ergonomía.

Non debe confundirse coa manga, o froito da planta tropical coñecida como mangueira, de nome científico Mangifera indica.