Linguas austronesias: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: cy:Ieithoedd Awstronesaidd |
m bot Engadido: bn:অস্ট্রোনেশীয় ভাষাসমূহ |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
[[ast:Llingües austronésiques]] |
[[ast:Llingües austronésiques]] |
||
[[bg:Австронезийски езици]] |
[[bg:Австронезийски езици]] |
||
[[bn:অস্ট্রোনেশীয় ভাষাসমূহ]] |
|||
[[ca:Llengües austronèsies]] |
[[ca:Llengües austronèsies]] |
||
[[cs:Austronéské jazyky]] |
[[cs:Austronéské jazyky]] |
Revisión como estaba o 15 de decembro de 2009 ás 21:08
As linguas austronesias son unha familia de linguas amplamente dispersos a través das illas do sueste de Asia e do Pacífico, con algunhas linguas faladas en Asia continental. O malgaxe é unha excepción, sendo falado en Madagascar. É un dos grupos de linguas maior do mundo, tanto en canto a número de linguas (1244 de acordo con Ethnologue) como en canto a extensión xeográfica (desde Madagascar ata a Illa de Pascua. O nome provén do grego austronesia que significa "illas do sur".
O descubrimento da familia precede ao das linguas indoeuropeas (establecida a partir do século XIX de forma certa). Desde 1706, o lingüista Hadrian Reland xa subliñara o parecido entre a lingua falada en Futuna, o malaio e o malgaxe, a partir do glosario recollido por Jacob Lle Maire en Futuna. A existencia dunha familia de linguas, que máis tarde será denominada austronesia, recoñécese definitivamente en Catalogo delle Lingue de Lorenzo Hervas y Panduro en 1784. En 1834, a familia, estendida ata a illa de Pascua, é bautizada como malaio-polinesia polo lingüísta Wilhelm von Humboldt en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-1839). As linguas melanesias foron tratadas a parte durante longo tempo, en parte por prexuízos raciais, a pesar dos traballos do lingüista Otto Dempwolff (1920).
As linguas austronesias divídense en 10 ramas, nove das cales fálanse en Taiwan e algunhas illas próximas e que se agrupan dentro das linguas formosanas, sen relación co chinés. As ramas que permaneceron en Taiwan mostran grandes diferenzas entre si. A rama restante é a chamada malaio-polinesia que engloba a todas as demais linguas da familia. Esta rama se subdivide en dous grandes subgrupos: o grupo occidental cuns 300 millóns de falantes e o oriental con aproximadamente un millón de falantes.
A lingüística comparativa, apoiada por achados arqueolóxicos, localiza a orixe dos devanceiros lingüísticos da familia no suresde da actual China desde onde emigraron cara a Taiwan.
Algúns lingüistas cren que a familia tai-kadai debería colocarse dentro dunha versión expandida da familia austronesia. Outros se decantan a favor dunha relación coa familia sino-tibetana. E finalmente outros propuxeron unha relación coas linguas afroasiáticas, formando unha superfamilia áustrica. Ningunha destas propostas gañouse a aceptación da comunidade científica.
As linguas malaio-polinesias tenden á reduplicación (repetición de todo ou parte dunha palabra) para expresar o plural e todas as linguas austronesias teñen unha entropía baixa, é dicir, os textos son bastante repetitivos en canto á frecuencia dos sons. A maioría non posúe grupos de consonantes (como [str] ou [mpl]) e ten un número de vogais pequeno, sendo cinco o máis común.
Algunhas das ramas e linguas máis importantes son:
- Linguas formosianas (linguas vernaculares de Taiwan non emparentadas co chinés, de chegada máis tardía á illa. En perigo de desaparición)
- Linguas malaio-polinesias
- Linguas malaio-polinesias occidentais
- Linguas malaio-polinesias centrais e orientais
- Linguas malaio-polinesias orientais
- Linguas de Halmahera-Sud e de Nova Guinea occidental
- Linguas oceánicas (antigamente subdivididas en linguas melanesias, linguas micronesias e linguas polinesias)
- Linguas oceánicas de Nova Guinea setentrional e occidental e linguas meso-melanesias
- Linguas oceánicas orientais (rexións máis ao leste Nova Guinea e as illas Salomón, que comprenden todas as linguas de Vanuatu, Nova Caledonia, Rotuma, Fidxi, Micronesia e de Polinesia
- Drehu
- Fidxiano (337,000)
- Gilbertense
- Maorí (100,000)
- Tahitiano
- Linguas malaio-polinesias orientais