Solubilidade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ko:용해도
Robbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Topnost
Liña 40: Liña 40:
[[simple:Solubility]]
[[simple:Solubility]]
[[sk:Rozpustnosť]]
[[sk:Rozpustnosť]]
[[sl:Topnost]]
[[sv:Löslighet]]
[[sv:Löslighet]]
[[ta:கரைதிறன்]]
[[ta:கரைதிறன்]]

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2009 ás 10:56

A solubilidade é unha medida da capacidade dunha determinada sustancia para disolverse nun líquido. Pode expresarse en moles por litro, en gramos por litro ou en porcentaxe de soluto; nalgunhas condicións pódese excedela, denominándose solución sobresaturada.

A sustancia que se disolve chámase soluto e a sustancia onde se disolva chámase disolvente. Non todas as sustancias disólvense nun mesmo disolvente, por exemplo na auga disólvese o alcohol e o sal mentres que o aceite e a gasolina non se disolven.

Na solubilidade, o carácter polar ou apolar da sustancia inflúe moito, xa que, debido a estes a sustancia será máis ou menos soluble. Os compostos con menor solubilidade son os que presentan menor reactividade, coma por exemplo as parafinas, os compostos aromaticos e os derivados haloxenados.

O termo solubilidade emprégase tanto para designar ao fenómeno cualitativo do proceso de disolución como para expresar cuantitativamente a concentración das solucións. A solubilidade dunha sustancia depende da natureza do disolvente e do soluto, así como da temperatura e a presión do sistema, é dicir, da tendencia do sistema a alcanzar o valor máximo de entropía.