A Cañiza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 83: Liña 83:
A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en [[1583]]. As primeiras edificacións foron [[canastro]]s (que nesta zona reciben o nome de '''canizos''') feitas polos veciños de [[Valeixe, A Cañiza|Valeixe]] para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en [[1790]] o bispo de Tui, [[Domingo Fernández Angulo]], erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en [[1815]].
A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en [[1583]]. As primeiras edificacións foron [[canastro]]s (que nesta zona reciben o nome de '''canizos''') feitas polos veciños de [[Valeixe, A Cañiza|Valeixe]] para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en [[1790]] o bispo de Tui, [[Domingo Fernández Angulo]], erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en [[1815]].


==Galería de imaxes==
|==Galería de imaxes==
{{AP|Galería de imaxes da Cañiza}}
{{AP|Galería de imaxes da Cañiza}}


Liña 90: Liña 90:
Ficheiro:Escribana de torgo, A Cañiza, Pontevedra, Galicia (Espagne).jpg
Ficheiro:Escribana de torgo, A Cañiza, Pontevedra, Galicia (Espagne).jpg
Ficheiro:San Luis y Djoudj 005.jpg| Fonte de San Luís
Ficheiro:San Luis y Djoudj 005.jpg| Fonte de San Luís
image:Iglesia_A_cañiza.jpg‎
image:Iglesia_A_cañiza.jpg‎ | Igrexa.
image:San_Luis_y_Djoudj_003.jpg‎
image:San_Luis_y_Djoudj_003.jpg‎ | Vista aérea.
image:San Luis y Djoudj 011.jpg
image:San Luis y Djoudj 011.jpg | Pazo.
image:San Luis y Djoudj 006.jpg
image:San Luis y Djoudj 006.jpg | Xámon, típico da Cañiza.
image:San Luis y Djoudj 007.jpg
image:San Luis y Djoudj 007.jpg | Muiño tradicional.
image:San Luis y Djoudj 008.jpg
image:San Luis y Djoudj 008.jpg | Muíño.
image:San Luis y Djoudj 012.jpg
image:San Luis y Djoudj 012.jpg | Capela dos arredores.
</Gallery>
</Gallery>



Revisión como estaba o 9 de decembro de 2009 ás 09:58


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

A Cañiza
Situación
Xentilicio[1]Cañicense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca da Paradanta
Poboación6.651 hab. (2008)[2][3]
Área108,1 km²[3]
Densidade61,53 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias[4]
Política (2007)
AlcaldeCésar José Mera Rodríguez (PP)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 5
Outros: -
Eleccións municipais na Cañiza
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes95,8%
Na rede
http://www.caniza.org
editar datos en Wikidata ]

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta. Segundo o IGE no 2008 tiña 6.651 habitantes (6.719 en 2003). No ano 2004 había 108 estranxeiros no concello.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Cañicense.

Evolución da poboación de A Cañiza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.923 7.655 8.186 7.810 6.782
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (este da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.

O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao norleste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1.095 m).

A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).

Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.

Historia

Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza.

Durante a Idade do Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.

Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.

No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.

En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes benedictinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.

A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815.

|==Galería de imaxes==

Artigo principal: Galería de imaxes da Cañiza.

Lugares da Cañiza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Cañiza vexa: Lugares da Cañiza.

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza

As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)

Personaxes de sona

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Cañiza".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Modelo:Véxase

Bibliografía