Cursus honorum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: da:Cursus honorum
Liña 24: Liña 24:
[[ca:Cursus honorum]]
[[ca:Cursus honorum]]
[[cs:Cursus honorum]]
[[cs:Cursus honorum]]
[[da:Cursus honorum]]
[[de:Cursus honorum]]
[[de:Cursus honorum]]
[[el:Cursus honorum]]
[[el:Cursus honorum]]

Revisión como estaba o 8 de decembro de 2009 ás 12:19

A carreira política en Roma recibía o nome de cursus honorum, carreira dos honores, que consistía nunha sucesión das etapas que os cidadáns que se adicaban á vida pública tiñan que seguir. Os aspirantes debían ir subindo chanzos progresivamente, de tal xeito que para acadar unha maxistratura tíña que ascender dende a escala inmediatamente inferior. O cursus honorum comprendía catro etapas que debían desempeñar sucesivamente: 1ª cuestor; 2ª edil; 3ª pretor; 4ª cónsul.

- Os cuestores tiñan como función coidar da facenda pública e levar as contas do estado.

- Os edís estaban encargados de velar polo bo funcionamento da administración municipal e ademais controlaban os festexos, os mercados e coidaban os templos.

- Os pretores encargábanse da administración de xustiza.

- Os cónsules debían ser dous. Tiñan o poder supremo e eran os xefes do exército e presidían o Senado.Había dous cónsules anuais, chamados ordinarii ou ordinarios, que daban nome ao ano (epónimos), e un ou máis substitutos ou suffecti.

Ademais destes cargos existían outros que non pertencían ao cursus honorum:

- Tribunos da plebe: velaban polos dereitos dos plebeos.

- Censores: confeccionaban o censo de cidadáns e vixiaban a pureza dos costumes.

- Ditador: era unha maxistratura extraordinaria á que só se recorría cando as graves circunstancias así o requirían, polo que todos os poderes se concentraban nunha persoa. Dispuña dun prazo de seis meses para resolver o problema que suscitara a súa proclamación.