Meiga: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes: |
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes: |
||
*'''Meigas-chuchonas''': Son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chuchan o sangue aos nenos e róubanlles os untos para |
*'''Meigas-chuchonas''': Son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chuchan o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confeccion de pomadas. |
||
*'''Asumcordas''' ou bruxas da rúa: Espreitan á xente e vixián quen entra e sae da casa. |
*'''Asumcordas''' ou bruxas da rúa: Espreitan á xente e vixián quen entra e sae da casa. |
||
*'''Marimanta''': É a meiga do saco, rouba raparigos e |
*'''Marimanta''': É a meiga do saco, rouba raparigos e fai-nos desaparecer. |
||
*'''Feiticeira''': Viven preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan. |
*'''Feiticeira''': Viven preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan. |
Revisión como estaba o 1 de decembro de 2009 ás 19:27
Segundo a tradición popular, muller con coñecementos de maxia e artes ocultas, ademais de menciñeira (probabelmente a súa etimoloxía procede do latín medica > meiga). Entre as súas cualidades, figuran a capacidade para facer feitizos, males de ollo e adiviñación.
A figura da meiga está moi arraigada na tradición popular, e diferénciase da bruxa en que esta actúa sempre con maldade, podendo tratar e mesmo pactar cos demos. A figura da bruxa correspóndese en gran medida co arquetipo clásico da bruxa vestida de negro, con sombreiro cónico e a súa inevitable vasoira, namentres que a figura da meiga achégase moito máis a unha muller de aldea, con certa idade, mais con maior heteroxeneidade no demais.
A meiga rivaliza en popularidade coa propia Santa Compaña, e achégase bastante á figura da curandeira dos druídas. Expresión típica pola que se recoñece a cultura galega en gran parte de España é aquela de eu non creo nas meigas, mais habelas hainas.
Tipos de meigas
Dise que hai un gran número delas, cada unha con diferentes poderes:
- Meigas-chuchonas: Son as máis perigosas, e preséntanse con distintas caras ou caretas, chuchan o sangue aos nenos e róubanlles os untos para seren empregados na confeccion de pomadas.
- Asumcordas ou bruxas da rúa: Espreitan á xente e vixián quen entra e sae da casa.
- Marimanta: É a meiga do saco, rouba raparigos e fai-nos desaparecer.
- Feiticeira: Viven preto dos ríos e regatos, aínda que anciá, o seu aspecto non repele, posúe unha voz moi fermosa que hipnotiza aos mozos que se achegan ao río e fai que se vaian metendo no río, onde ao fin afogan.
- Lavandeira: Esta meiga sorprende ao camiñante pola noite mentres lava a roupa, invitando a este a que colabore. Esta persoa ha de facelo pois pola contra estará exposta a serias desgrazas. O seu aspecto é totalmente común, é como calquera outra anciá diferenciándose porque as pezas que lavan están manchadas de sangue, a consecuencia, segundo dise, dun mal parto. Dise que a lavandera non pertence ao reino dos vivos e o xeito de liberarse dela é pasar de longo sen dirixirlle palabra algunha.
- Lobismuller : Teñen que nacer en Noiteboa ou Venres Santo, ou ben ser a sétima ou novena filla dunha familia no que tódolos fillos son mulleres.
- Vedoira: É esvelta e agradable no trato. Posúe facultades adivinatorias, e son expertas en contactar co alén para dicir se alguén falecido está gozando eternamente no ceo ou se aínda penan no Purgatorio.
- Cartuxeira: Son meigas que botan as cartas e sempre acertan nos seus vaticinios.
- Agoreira: Estas meigas avellentan prematuramente, pero viven moitos anos.
- Dama de castro: Estas meigas viven baixo castros milenarios ou baixo terra nun castelo de cristal, levan sempre un longo vestido branco de cola e sempre atenden a solicitudes da xente. Xa que goza de benestar e fortuna ningún tipo de favor serven para recibir dela consellos ou agasallos; ao contrario adoita aparecerse a persoas aflixidas por algunha situación difícil da súa vida, e a esas persoas de condición humilde outorga os seus favores.