Metano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: pnb:میتھین
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Methane
Liña 100: Liña 100:
[[uk:Метан]]
[[uk:Метан]]
[[vi:Mêtan]]
[[vi:Mêtan]]
[[yo:Methane]]
[[zh:甲烷]]
[[zh:甲烷]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2009 ás 19:35

Ficheiro:Representaciones del metano.JPG
Tres representacións da molécula de metano

O metano é un composto de carbono e hidróxeno, de fórmula CH4. É un hidrocarburo, o primeiro membro da serie dos alcanos. É máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no gas natural (entre un 75% e un 90%), no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto da descomposición da materia nos pantanos. É un dos principais compoñentes da atmosfera dos planetas Saturno, Urano e Neptuno.

Pode obterse mediante a hidroxenación de carbono ou dióxido de carbono, pola acción da auga con carburo de aluminio ou tamén ó quentar etanoato de sodio cun álcali.

É apreciado como combustible e para producir cloruro de hidróxeno, amoníaco, etino (acetileno) e formaldehído.

Características

É un composto molecular, cuxas unidades básicas son grupos de átomos unidos entre sí. Consta dun átomo de carbono con catro átomos de hidróxeno unidos a el. A forma xeral da molécula é un tetraedro.

Ten como:

  • punto de ebulición: 111,55 ºK
  • punto de fusión: 90,6 ºK
  • ΔHfº gas: -74,87 KJ/mol
  • ΔGfº gas: -50,828 KJ/mol.K
  • Sº gas: 188 J/mol.K

Ademais tamén é un gas invernadoiro moi efectivo, cunha concentración atmosférica actual de 1,7 ppm.

Orixe

As súas principais orixes son:

  • Descomposición dos residuos orgánicos por bacterias.
  • Fontes naturais (pantanos): 23%.
  • Extracción de combustibles fósiles: 20% (tradicionalmente queimabase e emitía directamente. Hoxe en día se intenta almacenar para reaproveitalo formando o chamado gas natural).
  • Os procesos na dixestión e defecación de animais: 17% (especialmente do gando).
  • As bacterias en plantacións de arroz: 12%.
  • Dixestión anaeróbica da biomasa.
  • Materia viva vexetal: as plantas e árbores emiten grandes cantidades de gas metano.

O 60% das emisións en todo o mundo son de orixen antropoxénico. Proceden principalmente de actividades agrícolas e outras actividades humanas.

Son da familia homóloga -CH2 metileno