Vincent van Gogh: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Vincent van Gogh
Liña 147: Liña 147:
[[war:Vincent van Gogh]]
[[war:Vincent van Gogh]]
[[yi:ווינצענט וואן גאך]]
[[yi:ווינצענט וואן גאך]]
[[yo:Vincent van Gogh]]
[[zh:梵高]]
[[zh:梵高]]
[[zh-min-nan:Vincent van Gogh]]
[[zh-min-nan:Vincent van Gogh]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 21:01

Autorretrato de Vincent van Gogh

Vincent van Gogh, nado o 30 de marzo de 1853 en Groot-Zundert e morto o 29 de xullo de 1890 en Auvers-sur-Oise, foi un pintor neerlandés e figura destacada do Posimpresionismo.

Traxectoria

Fillo dun pastor protestante holandés, foi moi temperamental dende a sua infancia. Foi mestre de francés, traballou nunha galería de arte, estudou teoloxía e foi evanxelizador denantes de dedicarse á pintura pouco antes de cumprir os trinta anos de idade.

Viviu a maior parte da súa vida en Francia e en 1886 mudouse a París, para vivir xunto ao seu irmán menor Theo Van Gogh, quen sería o soporte mais forte da súa vida e das súas aspiracións artísticas. Van Gogh, como moitos pintores da época admiraba a arte xaponesa-cífrense: Hokusai, Hiroshige, Utamaro..., proba disto son as réplicas que realizou de gravados xaponeses e algunhas pinturas que reproducen pinturas dese país á maneira escenográfica.

En 1888 instalouse en Arlés ao sur de Francia, coa intención de crear un taller de artistas. Paul Gauguin desprazouse ata alí e pasaron xuntos unha tempada, na cal as desordes mentais de Vincent impediron que a relación se mantivera. Un día Gauguin saiu a camiñar, en certo momento sentiu pasos tras el, ao virarse descubriu a Van Gogh que se achegaba a el de maneira agresiva. Ao verse descuberto, Van Gogh retirouse e Gauguin proseguiu o seu camiño. Ao regresar Gauguin ao estudo que compartían atopou a Van Gogh sangrante tras terse amputado unha orella, que quixo regalar a Paul. Este máis tarde regalaríalla a unha prostituta.

Os derradeiros anos de Van Gogh estiveron marcados polos seus permanentes problemas mentais, que o levaron a ser recluido en sanatorios mentais. Pero, a estreita relación co seu irmán, quen sostiña a Vincent economicamente, alentábao moralmente. O seu comportamento agresivo e solitario fixo del un paria dos diferentes sitios onde habitaba[Cómpre referencia] e fíxolle vivir unha vida de frustracións amorosas ao ser rexeitado por cada unha das súas pretendidas[Cómpre referencia].

Finalmente, un día de verán saíu a camiñar polo campo, disparouse cunha arma de fogo no peito e regresou ao seu cuarto para morrer un día despois, deixando inacabado o cadro chamado "Os Corvos". Antonin Artaud, cun extenso poema en prosa, dános a noción da calidade de Van Gogh; bástenos ler algúns fragmentos do mesmo poema: "...Regreso o cadro dos corvos; ¿quen veu como, nese cadro, equivale a terra ó mar?(...)o mar é azul pero non dun azul de auga senon de pintura líquida(...)Van Gogh retornou as cores á natureza, pero, a el, ¿quen llos devolverá?(...) aquel que soubo pintar tantos soles embriagados sobre tantas parvas sublevadas, o Café de Arlès, a recolección das olivas, os aliscampos;...'A ponte', sobor unha auga onde se ten o irrefreable desexo de afundir o dedo nun movemento de regresión violenta á infancia,(...)".

Retrato do Dr. Gachet pintado por Van Gogh en xuño de 1890 en Auvers-sur-Oise, nos meses previos ao seu suicidio.

Moitos historiadores comparten a teoría de que a sua tolemia podería deberse a que na súa infancia tivo que convivir xunto á tumba dun irmán que morreu antes do seu nacemento e o cal se chamaba coma el: Vincent van Gogh[Cómpre referencia].

Obra

Van Gogh produciu todo o seu traballo (unhas 900 pinturas e 1100 debuxos) durante un período de tan só 10 anos ata que sucumbiu á doenza mental (posibelmente desorde bipolar). A súa fama medrou rapidamente despois da súa morte, grazas á promoción da esposa de Theo que, aínda que non tivo unha boa relación con Vincent, resultou ser a única herdeira de toda a súa obra tras a morte do seu esposo, ocorrida pouco despois da de Vincent. O maior impulso da súa obra veu especialmente despois dunha mostra de 71 das súas pinturas, en París o 17 de marzo de 1901 (11 anos despois da súa morte).

A influencia de Van Gogh no expresionismo, fauvismo e os comezos do abstraccionismo foi enorme, e podese notar en moitos outros aspectos da arte do século XX. O Museo Van Gogh en Amsterdam dedicase ao traballo de Van Gogh e aos dos seus contemporáneos. O museo de Kröller-Müller en Otterlo (tamén nos Países Baixos) ten unha colección considerable das pinturas de Vincent van Gogh.

Varias das pinturas de Van Gogh están entre as pinturas mais caras do mundo. O 30 de marzo de 1987 a pintura "Lírios" de Van Gogh foi vendida por un valor récord de $53,9 millóns en Southeby's, Nova Iorque. No 15 de maio de 1990 o seu "Retrato do Dr. Gachet" foi vendido por $82,5 millóns en Christie's, establecendo dese modo un novo prezo récord.

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Link FA