Iacarta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: szl:Dżakarta
m bot Engadido: yo:Jakarta
Liña 113: Liña 113:
[[vi:Jakarta]]
[[vi:Jakarta]]
[[war:Jakarta]]
[[war:Jakarta]]
[[yo:Jakarta]]
[[zh:雅加达]]
[[zh:雅加达]]
[[zh-min-nan:Jakarta]]
[[zh-min-nan:Jakarta]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 20:22

Iacarta (Jakarta en bahasa indonesio) é a capital de Indonesia, así como a maior cidade do país con 8.792.000 habitantes e coa área metropolitana chega aos 16.000.000, localízase na illa de Xava, na área lingüística sundanesa, aínda que a lingua maioritaria da cidade é o bahasa indonesio.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de Iacarta.

O primeiro asentamento do que temos constancia no que agora é Iacarta foi o porto de Kelapa, preto da foz do río Ciliwung, un asentamento hindú do século V. No século XII era o maior porto do reino hindú de Sunda. Os portugueses foron os primeiros europeos en chegar ata Kelapa, e un rei hindú deu permiso aos comerciantes portugueses para construíren un forte na cidade a comezos do século XVI.
Fatahillah, dirixente dun reino veciño, conquistou a cidade e deulle o nome de Iayakarta en 1527, os holandeses chegaron no século XVI e en 1619 a Compañía Holandesa das Indias Orientais dirixida por Jan Pieterszoon conquistou a cidade, á que lle deu o nome de Batavia. Os xaponeses ocuparon a cidade en 1942 dándolle o actual nome.

Ligazóns externas

Modelo:Link FA