Eliezer Ben-Yehuda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: lad:Eliezer Ben Yehuda
Liña 52: Liña 52:
[[fr:Eliézer Ben Yehoudah]]
[[fr:Eliézer Ben Yehoudah]]
[[ga:Eliezer Ben-Yehuda]]
[[ga:Eliezer Ben-Yehuda]]
[[gan:艾列則·本曳乎打]]
[[he:אליעזר בן-יהודה]]
[[he:אליעזר בן-יהודה]]
[[it:Eliezer Ben Yehuda]]
[[it:Eliezer Ben Yehuda]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 20:17

Ficheiro:Eliezer Ben Jehuda.jpg
Eliezer Ben-Yehuda

Eliezer Ben‑Yehuda (hebreo, אֱלִיעֶזֶר בֶּן־יְהוּדָה‎‎, 7 de xaneiro de 185816 de decembro de 1922), foi unha figura clave na revitalización do hebreo como lingua de uso cotián.

Biografía

Eliezer Ben-Yehuda naceu como Eliezer Yitzhak Perlman nunha familia de xudeus ortodoxos en Luschki, pertencente á rexión de Vilnius no Imperio Ruso e hoxe parte de Bielorrusia. Acudiu a un cheder desde os tres anos onde estudou hebreo e a Biblia como era costume entre os xudeus de Europa Oriental. Seu pai morreu cando el tiña cinco anos Ós doce anos era xa capaz de ler unha gran parte da Torah, do Mishna e do Talmud. Seu tío enviouno á yeshiva do rabino Joseph Blücker en Polatsk coa esperanza que se fixera rabino. Pero alí ademais do estudo do hebreo antigo entrou en contacto cos textos en hebreo da Haskalá, relixiosos e seculares, e tivo que deixar a yeshiva tras lle atopar textos non relixiosos no seu cuarto. Con catorce anos non puido volver a casa polo enfado de seu tío e conviviu cunha familia xudía preto de Vitebsk. A filla máis vella, Debora, deulle clases de francés, alemán e ruso e acudiu a Dünaburg para realizar máis estudos. A través do xornal en hebreo HaShahar descubriu o sionismo e chegou á conclusión que a revitalización da lingua hebrea na Terra de Israel podería unir ós xudeus de todo o mundo.

Ben Yehuda casou dúas veces, a súa primeira dona, Debora, morreu en 1891 de tuberculose, nos dez días seguintes morreron de difteria tres dos cinco fillos do matrimonio. Seis meses despois casou coa irmá menor, Paula Beila,[1] que usou o nome hebreo "Hemda".[2]

Estudos en París

Despois da graduación foi a París en 1878 para estudar na Sorbona, nos catro anos que estivo alí estudou, entre outras materias, a historia e a política do Próximo Oriente, pero a que lle deixou máis pegada foi o estudo do hebreo, especialmente as clases avanzadas que se daban en hebreo, e foi precisamente o uso do hebreo falado o que o convenceu da posibilidade de revivir o hebreo como a lingua de uso cotián dunha nación[1]tras séculos de usos case exclusivamente litúrxicos e literarios.

En Xerusalén

En 1881 Ben-Yehuda viaxou a Palestina, entón unha provincia do Imperio Otomán, traballou como profesor da Alliance Israelite Universelle. [3]Motivado polos ideais de renovación e restauración do estilo de vida da diáspora xudía, Ben‑Yehuda dedicouse a desenvolver un hebreo moderno que puidera substituír ó Yiddish e outras linguas empregadas polos xudeus como medio de comunicación de todos os xudeus que fixeran o aliyah desde diversas rexións do mundo.

Ben-Yehuda e a súa dona Hemda, 1912

Ben‑Yehuda educou o seu fillo, Ben‑Zion Ben‑Yehuda só en hebreo, converténdose no primeiro falante nativo do hebreo moderno.

Carreira xornalística

Cabeceira de Hazewi

Ben-Yehuda foi o editor de varias publicacións en hebreo: Hazewi e Hashkafa . Hazewi pechouse por un ano pola oposición da comunidade ultraortodoxa de Xerusalén, que se opuña ó uso do hebreo, a lingua sagrada, para a conversación profana.[1]

Lexicógrafo

Ben-Yehuda foi o impulsor do establecemento do Comité da Lingua Hebrea, convertida en 1953 na Academia da Lingua Hebrea e o autor do primeiro dicionario hebreo moderno que se coñeceu como o renovador da lingua hebrea, a pesar da oposición dalgunha das palabras que creou.[1] Moitas desas palabras convertéronse en parte da lingua, pero outras- arredor de 2000- nunca chegaron a formar parte do seu corpus[4]


Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Naor, Mordechai. "Flesh-and-Blood Prophet". Haaretz. Consultado o 2008-10-01. 
  2. Eliezer Ben-Yehuda (1858-1922)
  3. http://www.haaretz.com/hasen/spages/1040214.html, Confessions of a polyglot
  4. http://www.haaretz.com/hasen/spages/1040214.html

Bibliografía

  • Fellman, Jack (1973). The revival of a classical tongue: Eliezer Ben Yehuda and the modern Hebrew language. The Hague, Netherlands: Mouton ISBN 90-279-2495-3
  • Robert St. John. Tongue of the Prophets, Doubleday & Company, Inc. Garden City, New York, 1952. ISBN 0-8371-2631-2
  • Yosef Lang. דבר עברית! חיי אליעזר בן יהודה (Biografía de Eliezer Ben Yehuda). Yad Ben-Zvi, 2 volumes, (en hebreo)
  • Ilan Stavans, Resurrecting Hebrew (2008)