Dili: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mr:दिली
m bot Engadido: yo:Dili
Liña 102: Liña 102:
[[vi:Dili]]
[[vi:Dili]]
[[war:Dili]]
[[war:Dili]]
[[yo:Dili]]
[[zh:帝力]]
[[zh:帝力]]
[[zh-min-nan:Dili]]
[[zh-min-nan:Dili]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 19:40

Dili
Bandeira de Dili Mapa
Bandeira de Dili
Información básica
Estatuto: Cidade Capital (1769)
País: Timor Leste
-Distrito: Dili
Poboación: 163.305 hab. (1 de xaneiro de 2006)
-Latitude: 8°34' S
-Lonxitude: 125°34' L

Dili (en portugués: Díli) é a capital de Timor Leste. Sitúase na costa norte da illa de Timor, a máis oriental das illas do arquipélago malaio. Dili e o principal porto e centro comercial de Timor Leste e tamén posue un aeroporto usado por voos comerciais e militares. Ten aproximadamente uns 48 mil habitantes.

Dili foi fundada o 1769 polos portugueses, como nova capital do Timor Portugués, en substituición de Lifau, no actual enclave de Oecussi-Ambeno, demasiado vulnerábel aos ataques dos holandeses. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade foi ocupada polos xaponeses e, co fin da guerra, retornou ó dominio portugués. Cando Timor Leste proclamou a súa independencia o 28 de novembro de 1975, tornouse capital do novo país. Sen embargo, nove dias depois, en 7 de decembro, forzas militares da Indonesia invadiron Dili. O 7 de xullo de 1976, a Indonesia transformou Timor Leste na súa 27ª provincia, chamada Timor Timur. Non embargantes, unha loita de guerrillas contra o invasor proseguiu, sendo violentamente combatida polo goberno indonesio. Decenas de millares de civis foron mortos.

Cando o país recuperou a súa independencia (vide historia de Timor Leste), Dili tornouse novamente a capital do país.