Bixkek: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: af:Bisjkek
m bot Engadido: yo:Bishkek
Liña 85: Liña 85:
[[war:Bishkek]]
[[war:Bishkek]]
[[yi:בישקעק]]
[[yi:בישקעק]]
[[yo:Bishkek]]
[[zh:比什凯克]]
[[zh:比什凯克]]
[[zh-min-nan:Bishkek]]
[[zh-min-nan:Bishkek]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2009 ás 19:32

Paisaxe urbana de Bixkek.

Bixkek (en alfabeto cirílico: Бишкек, IPA /bi 'kek/) é a capital de Quirguicistán. Bixkek é tamén o centro administrativo da provincia de Chuy que rodea á cidade, ainda que a cidade mesma non é en si parte da provincia pero é unha unidade provincial de Quirguicistán. Fundada en 1878 coma a fortaleza rusa de Pishpek (Пишпек), entre 1926 e 1991 era coñecida como Frunze (Фрунзе), grazas ao líder militar bolxevique Mikhail Frunze. Crése que o nome deriva dunha palabra quirguiza para facer o leite de egua fermentado (kumis), a bebida nacional quirguiza. Está no val do Chu, no curso dos ríos Alaarcha e Alamedín, ao pé dos montes Quirguizos, a poucos quilómetros de Casaquistán. A súa altitude é de 850 m sobre o nivel da mar. Ten 631.300 habitantes, o 66% dos cales son de orixe rusa. Só un 13% son quirguizos.

Historia

Orixinariamente o que queda dunha parada de caravanas (posiblemente fundada polos sogdianos) nun dois ramais da ruta da Seda através da cordilleira de Tien Xán, a cidade foi fortificada en 1825 polo usbeco khanato de Kokhand cunha fortaleza de barro.

Ficheiro:E7890-Kyrgyzstan-House-of-Government.JPG
A Sede do Goberno, Bixkek
Ficheiro:Bishkek historical museum.jpg
Museo Histórico Nacional