Trompa: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: sk:Lesný roh |
m bot Engadido: ro:Corn (instrument) |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
[[pt:Trompa]] |
[[pt:Trompa]] |
||
[[qu:Qiqiri]] |
[[qu:Qiqiri]] |
||
[[ro:Corn (instrument)]] |
|||
[[ru:Валторна]] |
[[ru:Валторна]] |
||
[[sk:Lesný roh]] |
[[sk:Lesný roh]] |
Revisión como estaba o 24 de novembro de 2009 ás 00:55
A trompa é un instrumento de vento-metal que ten normalmente un tubo cónico aberto que deriva das formas dos cornos ou os cabeiros dos animais. A trompa soa pola vibración dos labios do intérprete apoiados na embocadura (como na trompeta).
Entre os seus antecedentes pódese incluir a trompa de postillón medieval, os cornos reais de marfil de África, o cornu romano, e o shofar xudeu, que deron lugar a trompas como o gran lur da antiga Escandinavia. Outros descendentes dos cornos son a trompa dos Alpes, o clarín, a corneta, e a corneta renacentista (cornetto).
A trompa francesa de orquestra inventouse ao redor de 1650. É unha versión en grande da trompa de caza que foi redeseñada cun tubo enrolado en círculo. A trompa de caza francesa, que se introduciu na orquestra a finais do século XVIII, producía arredor de vinte dos harmónicos naturais. A trompa gañou máis flexibilidade contra 1750 coa invención da técnica de introdución da man dereita no pavillón, co que se variaba a afinación das notas até un ton. A pesar deste avance, o excesivo tamaño dos tubos, chamados seccións, fixo necesario instalar moitas chaves. A invención das válvulas a finais de século XIX revolucionou a trompa, xa que permitiu variar a lonxitude do tubo movendo un dedo. A trompa en fa con tres válvulas pode producir unha escala cromática en tres oitavas, dende o Si2. Os intérpretes modernos usan a man no pavillón para variar a afinación e a cor do son.
A trompa en fa ten tres válvulas, seccións de tubería estreita que se abren ao final nun pavillón en forma de campá ancha, e boquilla de funil que xustifica o son brando e doce. A trompa tenor-baixo en fa e si bemol, introducida contra 1900, substituíu á trompa en fa. Equipada cunha válvula extra para prolongar o tubo até si bemol, ofrece vantaxes técnicas. As orquestras máis modernas inclúen catro destes instrumentos.