Tareixa, condesa de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 28: Liña 28:
[[ca:Teresa de Lleó i Núñez]]
[[ca:Teresa de Lleó i Núñez]]
[[de:Theresia von Kastilien]]
[[de:Theresia von Kastilien]]
[[el:Θηρεσία, κόμισσα της Πορτογαλίας]]
[[en:Theresa, Countess of Portugal]]
[[en:Theresa, Countess of Portugal]]
[[es:Teresa de León]]
[[es:Teresa de León]]
Liña 33: Liña 34:
[[it:Teresa di León]]
[[it:Teresa di León]]
[[ja:テレサ・デ・レオン]]
[[ja:テレサ・デ・レオン]]
[[nl:Teresa van León]]
[[pl:Teresa (hrabina Portugalii)]]
[[pl:Teresa (hrabina Portugalii)]]
[[pt:Teresa de Leão]]
[[pt:Teresa de Leão]]

Revisión como estaba o 23 de novembro de 2009 ás 20:02


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tereixa de León

Tereixa de León (1080 - Mosteiro de Montederramo (Galicia) ou Póvoa de Lanhoso,11 de novembro de 1130), infanta de León e posteriormente, primeira condesa de Portugal.

Filla ilexítima do rei Afonso VI de León e Castela, foi dada en casamento no ano 1093, con Enrique de Borgoña, traendo consigo o señorío do Condado de Portugal. De Enrique tivo varios fillos, pero só Afonso Enriques sobreviviu á infancia. Logo da morte de Enrique en 1112, Tereixa gobernou o condado tras a minoría do seu fillo.

Atacada polas forzas da súa media-irmá, a raíña Urraca de León e Castela, retrocederon as terras de Tereixa desde a marxe esquerda do río Miño, derrotadas e dispersas, ata que a propia Tereixa refuxiouse no Castelo de Lanhoso, onde sufriu o cerco que lle foi imposto por Urraca (1121). Aínda que en posición de inferioridade, a condesa conseguiu negociar o Tratado de Lanhoso, polo cal conseguiu salvar o seu goberno do Condado Portucalense.

A súa alianza e conexión co galego Fernando Pérez, conde de Traba, puxo contra ela os nobres portucalenses e ao seu propio fillo. Na minoría de Afonso Enriques, Teresa rexeitou entregarlle o control da herdanza paterna. En breve nai e fillo entraron en conflito aberto, sendo as forzas da nai derrotadas na batalla de San Mamede en 1128.

Obrigada dese modo a deixar a gobernación, algúns autores defenden que foi detida polo propio fillo no Castelo de Lanhoso, outros que se exiliou nun convento de Póvoa de Lanhoso, onde faleceu en 1130. Modernamente, con todo, arguméntase que, logo da batalla e xa en fuga, ela e o conde Fernando Pérez foron aprisionados e inmediatamente expulsados de Portugal. A condesa sobreviviu ao desastre, falecendo en Galicia a finais de 1130.

Os seus restos mortais foron traídos máis tarde para a Catedral de Braga, onde aínda hoxe repousan xunto á tumba do seu primeiro marido, o conde Enrique de Borgoña.


Predecesor:
Afonso VI de León e Castela
 Condesa de Portugal 
1093 - 1128
Sucesor:
Afonso Enriques (Afonso I de Portugal)