Phaeophyceae: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: id:Alga coklat |
m bot Engadido: lv:Brūnaļģes |
||
Liña 28: | Liña 28: | ||
[[ko:갈조류]] |
[[ko:갈조류]] |
||
[[lt:Rudadumbliai]] |
[[lt:Rudadumbliai]] |
||
[[lv:Brūnaļģes]] |
|||
[[mk:Кафеави алги]] |
[[mk:Кафеави алги]] |
||
[[nl:Bruinwieren]] |
[[nl:Bruinwieren]] |
Revisión como estaba o 21 de novembro de 2009 ás 12:23
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Feófito" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
As algas pardas ou feófitos son un grupo de algas pertencentes á clase Phaeophyceae no reino Protista. Son organismos multicelulares que antes eran clasificados coma plantas "non vasculares" no reino Vexetal. Comprende uns 265 xéneros cunhas 1.500-2.000 especies, principalmente mariños; só seis xéneros son de auga doce.
A maioría viven nas costas rochosas das zonas temperadas e subpolares, dominando a zona intermareal coma no caso das Laminariales da costa de California. Tamén se presentan en formas flotantes libres, coma o Sargassum, que forma grandes extensións no Mar dos Sargazos. Son os principais produtores primarios de varias comunidades de animais invertebrados e microbios.
Xeralmente están diferenciadas en talo e mais pé. O talo dalgunhas formas pode estar provisto de un tamiz de tubos capaces de transportar auga e produtos da fotosíntese, vestixios dos verdadeiros tecidos condutores (xilema e floema) das plantas superiores. Presentan clorofila a e c e xantofila.