A Baña: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) corrixo web oficial |
engado fotografía da casa do concello |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
| bandeira = |
| bandeira = |
||
| escudo = |
| escudo = |
||
| imaxe = |
| imaxe = [[Ficheiro:A Baña, concello 01-01.jpg|300px]] |
||
| pé = |
| pé = |
||
| xentilicio = [[wikt:Bañense|Bañense]] |
| xentilicio = [[wikt:Bañense|Bañense]] |
Revisión como estaba o 19 de novembro de 2009 ás 15:56
57' 43' ' N 8° 45' 29' ' O_E_ 0°N 0°L / 42_57_43_N_08_45_29_W, 42° 57' 43' ' N 8° 45' 29' ' O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta
A Baña | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio[1] | Bañense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Barcala |
Poboación | 4.528 hab. (2008)[2][3] |
Área | 98,0 km²[3] |
Densidade | 46,2 hab./km² |
Entidades de poboación | 15 parroquias[4] |
Capital do concello | San Vicenzo |
Política (2007) | |
Alcalde | José Andrés García Cardeso (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 5 Outros: - |
Eleccións municipais na Baña | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 99,02% |
Na rede | |
concellodeabana.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Baña é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2008 tiña 4.528 habitantes (4.652 no 2006, 4.802 no 2005, 4.888 no 2004, 5.036 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Bañense.
Evolución da poboación de A Baña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.797 | 6.149 | 7.347 | 8.361 | 4.888 | {{{6}}} | {{{7}}} | {{{8}}} | {{{9}}} | {{{10}}} | {{{11}}} | {{{12}}} | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | {{{19}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Etimoloxía do topónimo
O topónimo Avania aparece documentado xa en 156 nun documento conservado no mosteiro de Toxosoutos, e no tumbo B da catedral de Santiago de Compostela (1209), onde se menciona: ...San Iurgio in Transtamarem. cum tota terra sua quam maiorem ab antiquo habuit, videlicet cum Carnota, Entines, Jalles, Barcala, Auania et de Celtigos, quantum magis antiquitus habuit....
A forma orixinal é Avaña. En épocas máis recentes, froito dun proceso de castelanización de topónimos totalmente alleo á evolución natural etimolóxica, sufriu a segmentación da vogal inicial "A", ó ser tomada como artigo singular feminino e ser traducida por "La"[6].
Estes falsos cortes tamén tiveron lugar noutros topónimos galegos, como Ogrobe ("El Grove") ou Agolada ("La Golada")[7].
Xeografía
O concello, de 98,2 km², limita cos concellos de Ames, Negreira, Val do Dubra e Santa Comba. Está situado a uns 25 km ao oeste de Santiago de Compostela.
Situado no fermoso Val de Barcala, que o Concello da Baña forma conxuntamente co de Negreira,
O relevo está determinado polos tres vales que baixan dende as terras de Xallas cara ao río Tambre: os dos ríos Barcala, que discorre case na súa totalidade por terras do municipio até desembocar en Negreira no río Tambre; o río Albariña (ou Baña), que desemboca no propio Barcala; e o do río Portalaxe, que desemboca no Tambre.
O concello ten un clima oceánico, morno e húmido, cuns 2.000 mm anuais de precipitacións. As temperaturas son moderadas, con 7,2 ºC de media en xaneiro, e 17,9 ºC en xullo.
Historia
Consérvanse vestixios arqueolóxicos megalíticos como as mámoas de Ferreiros, e poboados castrexos como os da Baña e o de Lañas. A toponimia dos lugares deixa ver que foi unha zona intensamente romanizada. A presenza de núcleos como Suevos ou Francos constata asemade o asentamento de pobos bárbaros.
A mención máis antiga é nun documento de 1153, contido no tumbo do mosteiro de Toxosoutos: hereditatem que habetis in terra de Avania.
Na Idade Media o concello foi berce dos Trastámara e dominio dos señores de Altamira. Personalidades como o bispo Xelmírez ou a raíña Urraca deixaron constancia da súa importancia. Nos templos relixiosos hai mostras da arte románica e gótica.
Xa no século XIX pasouse a épocas de decadencia económica e política debido ás guerras da Independencia e Carlista, ás desamortizacións de bens eclesiásticos e das cofradías, e á suba de impostos.
Economía
O concello da Baña é eminentemente rural, aínda que as actividades agrícolas non son as que ocupan a maioría da poboación. No ano 2001 o sector servizos ocupaba 686 persoas, a agricultura 454, a construción 368, a industria 244 e pesca 9.
No ano 2003 había no concello un total de 412 explotacións de gando vacún cun total de 7.045 animais e estaban rexistradas un total 49 empresas e 14 comercios.
Lugares da Baña
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Baña vexa lugares da Baña.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Baña.
-
Ponte na praia fluvial
Parroquias
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Baña".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ González Balasch, M.T.: El Tumbo B de la Catedral de Santiago (Edición y Estudio). Universidade de Granada (tese de doutoramento), 1987.
- ↑ Cabeza Quiles, F.: Os nomes da terra. Topónimos galegos; Editorial Toxosoutos, p. 201.