Sancho IV de Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Antso IV.a Gaztelakoa
mSen resumo de edición
Liña 29: Liña 29:


[[Categoría:Reis de Castela|Sancho 04]]
[[Categoría:Reis de Castela|Sancho 04]]
[[Categoría:Dinastía de Borgoña]]


[[ca:Sanç IV de Castella]]
[[ca:Sanç IV de Castella]]

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2009 ás 15:45

Sancho IV de Borgoña, o Bravo (nado en 1257 ou 1258 e falecido en Toledo o 25 de abril de 1295), foi rei de Castela e de León. Era o segundo fillo de Afonso X o Sabio e Violante de Aragón, filla de Xaime I o Conquistador.

Estatua de Sancho IV nos xardíns do Retiro de Madrid

Sancho IV casou con dona María de Molina en 1282, e tiveron seis fillos:

O primoxénito de Afonso X, don Fernando de la Cerda, non chegou a reinar ó falecer antes có seu pai. O rei Sabio deixou escrito no seu testamento que o reino debía pasar ó seu neto primoxénito, o infante don Alfonso de la Cerda e ó mesmo tempo desherdaba ó seu segundo fillo, Sancho.

Porén, Sancho proclamouse rei sen respetar a vontade do seu pai, e foi coroado en Toledo en 1284. Foi recoñecido pola maioría dos pobos e dos nobres, pero ó mesmo tempo houbo un grupo bastante numeroso de partidarios dos Infantes de la Cerda, que reclamaban o acatamento do testamento. Durante todo o reinado deste monarca houbo loitas internas e pelexas por alcanzar o poder. Un dos personaxes que máis discordias provocou foi o infante don Xoán (irmán de Afonso X), e á súa causa uniuse o nobre Lope Díaz III de Haro, octavo señor de Biscaia. O rei Sancho fixo executar ó de Haro e mandou encarcerar ó seu tío, o infante don Xoán. Tamén, segundo as crónicas, deu a orde de executar a 4.000 seguidores dos infantes de la Cerda, pasándoos a coitelo, en Badaxoz, a 400 en Talavera e a outros moitos en Ávila e Toledo.

Arco de Tarifa cunha placa en recordo dos que loitaron no conflito de Tarifa

Despois destes acontecementos perdonou ó seu tío don Xoán, quen ó pouco tempo volveuse sublevar, ocasionando o conflito de Tarifa. Don Xoán chamou na súa axuda ós benimerines de Marrocos e sitiaron a praza que estaba defendida polo seu gobernador Guzmán el Bueno, señor de León. Alí ocorreu o famoso acto heroico e a morte inocente do fillo de Guzmán. A praza de Tarifa foi fielmente defendida e os benimerines regresaron ó seu lugar de orixe. Desbaratáronse deste modo os plans do infante don Xoán e os do sultán de Marrocos, que pretendía unha invasión.

Ó subir ó trono de Aragón Xaime II houbo un acercamento con Sancho IV, e os dous reis, unidos, deron un nuevo impulso á Reconquista.

O rei Sancho IV foi un gran amigo, ademais de titor, do personaxe histórico coñecido como o Infante don Juan Manuel.

Sancho morreu en 1295, deixando como herdeiro ó seu fillo Fernando, de nove anos. Deixou tamén en herdanza as desputas e rivalidades cos infantes de la Cerda e os seus partidarios.

Malia ser fillo de Afonso X, era analfabeto.

Predecesor:
Afonso X
Rei de Castela e de León
1284-1295
Sucesor:
Fernando IV