Froila I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: eu:Fruela I.a Asturiaskoa
m bot Engadido: hr:Fruela I. Asturijski
Liña 38: Liña 38:
[[eu:Fruela I.a Asturiaskoa]]
[[eu:Fruela I.a Asturiaskoa]]
[[fr:Fruela Ier des Asturies]]
[[fr:Fruela Ier des Asturies]]
[[hr:Fruela I. Asturijski]]
[[hu:I. Fruela asztúriai király]]
[[hu:I. Fruela asztúriai király]]
[[it:Fruela I delle Asturie]]
[[it:Fruela I delle Asturie]]

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2009 ás 03:02

Mapa político do noroeste da peninsula ibérica tras a sustitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais.
Escultura de Froila I no mosteiro de Samos.

Froila I de Asturias (722Cangas de Onís, 768), fillo de Afonso I sucedeuno á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica durante o seu reinado (757-768). Coma no caso do su pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuirlle. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais, condecendolle o nome de Froila I.

Reinado

Ao comezo do seu reinado enfrentouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, en Pontumio (Galiza). Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado.

Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, según contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766, aos que venceu.

Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.

Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira este do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristiano resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.

Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio, fillo de Froila Pérez.

Os fillos de Froila foron Afonso, que sería o noveno rei de Asturias (Afonso II o Casto), e Ximena. A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo), fundado polo seu marido.

Véxase tamén


Reino de Asturias

Segue a:
Afonso I o Católico
Froila I
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Astur-Leonesa