Censo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: hi:जनगणना |
m bot Engadido: lt:Gyventojų surašymas |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
[[ko:인구 조사]] |
[[ko:인구 조사]] |
||
[[la:Census]] |
[[la:Census]] |
||
[[lt:Gyventojų surašymas]] |
|||
[[lv:Iedzīvotāju skaitīšana]] |
[[lv:Iedzīvotāju skaitīšana]] |
||
[[mk:Попис]] |
[[mk:Попис]] |
Revisión como estaba o 15 de novembro de 2009 ás 15:43
O censo é un conxunto de operacións pola que se reunen, elaboran e publican datos sobre cada membro dunha poboación, non necesariamente humana.
Os censos de poboacións dun país ou territorio é a principal fonte de datos demográficos pola grande cantidade de información que procesa: dá unha fotografía da poboación, describe estatisticamente as poboacións consideradas desde un punto de vista cuantitativo . É a fonte primaria das estatísticas básicas de poboación que son necesarias para fins gobernamentais e aspectos de planificación económica e social.
Úsase:
- Como base para a análise e a avaliación demográfica.
- Para proxectar, establecer e desenvolver políticas de goberno.
- Para facer estimacións das distintas variables captadas no Censo.
- Como "marco muestral" para enquisas.
- Como referencia para as estatísticas continuas.
- Para determinar os sistemas electorais dun país.