Fraga, Huesca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 17: Liña 17:


==Patrimonio monumental==
==Patrimonio monumental==
[[Ficheiro:Torre dels Frares.jpg|thumb|170px|Torre dos Frades]]
* ''Igrexa de San Pedro'', románica, do [[século XII]], asentada sobre a antiga mezquita.
* '''Igrexa de San Pedro''', románica, do [[século XII]], asentada sobre a antiga mezquita.
* ''Pazo Montcada'', da familia dos señores da cidade.
* ''Torre dos Frades'', do [[século XIII]], que se coida construída polos [[templarios]].
* '''Pazo Montcada''', da familia dos señores da cidade.
* '''Torre dos Frades''', do [[século XIII]], que se coida construída polos [[templarios]].
* ''Castelo medieval'', con as ruínas da ''igrexa de San Miguel''.
* '''Castelo medieval''', con as ruínas da ''igrexa de San Miguel''.
* ''Museo Salvador Sabaté'', con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
* '''Museo Salvador Sabaté''', con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
* Nos arredores a romana ''Villa de Fortunatus''.
* Nos arredores a romana '''''Villa de Fortunatus'''''.


==Nativos ilustres==
==Nativos ilustres==

Revisión como estaba o 14 de novembro de 2009 ás 16:55

Vista xeral de Fraga

Fraga é unha localidade e un concello español, de 12.868 habitantes, situado no extremo sudeste da provincia de Huesca, no último treito do Val do río Cinca (a 115 km de Zaragoza e a 25 km de Lleida). O seu municipio con 435 km2 de área é un dos máis extensos de España. É cabeza do partido xudicial homónimo e capital da comarca do Baixo Cinca. Oficiosamente é considerada a capital da Franja de Ponent

Clima

Fraga tén un clima mediterráneo continentalizado, cunhas temperaturas medias anuais de 14,7º C e un promedio de precipitacións de 384 mm, que se rexistran na primavera e, nomeadamente, durante o outono.

Historia

O territorio onde se asenta Fraga pertenceu en época prerromana ao pobo ibérico dos ilergetes. Durante a dominación romana pasaba por aquí a vía que unía Zaragoza con Tarragona. Aínda que se ten defendido que Fraga era cidade dita Colonia Gallica Flavia, non hai probas que o confirmen. A partir do século VIII a comarca pasou a formar parte do Al Andalus, e a cidade foi coñecida como Medina Afraga. Foi tomada polos cristiáns, dirixidos por Ramón Berenguer IV o 24 de outubro de 1149.

Xeolingüística

Fraga pertence á área lingüística catalano-occidental. O idioma catalán utilízase na cidade e arredores, pero non con igualdade fronte ao castelán que domina. Só moi recentemente se autorizou o ensino de catalán nos niveis primario e secundario.

Economía

A cidade constitúe un importante centro do sector servizos, que ocupa un terzo da poboación activa. O sector primario da comarca está especializado no cultivo de froiteiras, especialmente figueiras.

Patrimonio monumental

Torre dos Frades
  • Igrexa de San Pedro, románica, do século XII, asentada sobre a antiga mezquita.
  • Pazo Montcada, da familia dos señores da cidade.
  • Torre dos Frades, do século XIII, que se coida construída polos templarios.
  • Castelo medieval, con as ruínas da igrexa de San Miguel.
  • Museo Salvador Sabaté, con obra dese pintor catalán, afincado na cidade.
  • Nos arredores a romana Villa de Fortunatus.

Nativos ilustres

Imaxes de Fraga