Katie Holmes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Enlace a artículo destacado para: en:Katie Holmes
TobeBot (conversa | contribucións)
Liña 67: Liña 67:
[[sr:Кејти Холмс]]
[[sr:Кејти Холмс]]
[[sv:Katie Holmes]]
[[sv:Katie Holmes]]
[[th:เคที โฮลมส์]]
[[tr:Katie Holmes]]
[[tr:Katie Holmes]]
[[zh:姬蒂·荷姆絲]]
[[zh:姬蒂·荷姆絲]]

Revisión como estaba o 10 de novembro de 2009 ás 17:56

Katie Holmes

Kate Noelle Holmes, máis coñecida coma Katie Holmes, nada o 18 de decembro de 1978, e unha actriz estadounidense. Acadou a fama polo seu papel de Joey Potter en WB Television Network na serie de drama adolescente, Dawson's Creek de 1998 a 2003. Os seus papeis en películas abranguen xéneros coma o cine arte con películas como A tormenta de xeo, thriller coma Abandon, a éxitos de público coma Batman Begins.

Traxectoria

Holmes naceu en Toledo, Ohio, sendo a máis nova nunha familia de cinco fillos (catro fillas e un fillo), de Kathleen A. Stothers, unha ama de casa, e Martin Joseph Holmes, Sr. (nado en 1945), un avogado especializado en divorcios. Os seus irmáns son Tamera (nada en 1968), Holly Ann (nada en 1970), Martin Joseph, Jr. (nado en 1970), que traballaba coma avogado en Ohio, e Nancy Kay (Blaylock), unha mestra (nada en 1975).

Cando aínda era cativa, asistiu á “Convención Internacional de Talento e Modelaxe”, en Nova York, e foi alí onde coñeceu a Al Onorato, un produtor e representante de artistas, quen notou o talento de Katie e convenceuna a viaxar a Os Ánxeles para actuar nun papel para a televisión. Finalmente, conseguiu o papel que a levaría á fama: convertiuse en "Doce Joey", da popular serie Dawson's Creek.

A comezos do ano 2005, semanas despois de terminar a súa relación co actor Chris Klein, Holmes iniciou unha relación altamente publicitada co actor Tom Cruise, dezaseis anos maior ca ela. En xuño, dous meses despois do seu primeiro encontro, Holmes e Cruise formalizaron o seu compromiso de futuro matrimonio. Esta relación converteu a Holmes no branco da atención dos medios de comunicación internacionais, sendo moitos dos comentarios de corte negativo, incluíndo a especulación de que a relación era unha montaxe publicitaria para promover as películas protagonizadas pola parella. Malia que Holmes foi criada baixo a relixión católica ingresou na Igrexa da Ciencioloxía pouco despois de que a parella comezara a frecuentarse. O 18 de abril de 2006, deu a luz a Suri Cruise. O 18 de novembro ela e Cruise casaron en Italia.

Curiosidades

  • Presentouse para o papel de Buffy Cazavampiros. Disque non foi elixida porque aínda non tiña 18 años, máis adiante pensouse nela para interpretar a Faith, papel que máis tarde se levaría Eliza Dushku.
  • A muller de Tom Cruise coida moito a súa imaxe, sobre todo desque iniciou a súa relación co actor estadounidense. Só protagonizou unha escena de sexo no cine, que o seu marido tentou evitar que se emitise na gran pantalla, e un topless no ano 2000.
  • Amosouse moi anoxada cando lle roubaron o seu nome. Unha rapaza estadounidense loira e de ollos azuis decidiu trocar o seu nome polo de Katie Holmes. O suceso podería ficar nunha mera homenaxe se a rapaza, con moitas arelas de notoriedade, non tivese anunciado que desexaba iniciar a súa carreira de actriz coma estrela do porno, segundo contan no diario New York Post.
  • Joel Schumacher rexeitou a Holmes para encarnar a Christine en "A Pantasma da Opera" por considerala demasiado maior para o papel.
  • Ultimamente volveuse moi amiga de Victoria Beckham, pola amizade que Tom Cruise ten cos Beckham, amais David e Victoria foron dos poucos afortunados que puideron coñecer en persoa a Suri, a filla de Katie e Tom, e, así mesmo, a actriz norteamericana foi elixida para interpretar a Victoria na gran pantalla.

Filmografía

  • (1997) A tormenta de xeo
  • (1998) Disturbing Behavior
  • (1998-2003) Dawson's Creek
  • (1999) Go
  • (1999) Muppets from Space
  • (1999) Teaching Mrs. Tingle
  • (2000) Wonder Boys
  • (2000) The Gift
  • (2002) Abandon
  • (2003) Phone Booth
  • (2003) The Singing Detective
  • (2003) Pieces of April
  • (2004) First Daughter
  • (2005) Batman Begins
  • (2005) Gracias por fumar
  • (2008) Mad Money
  • (2008) The Other Side

Modelo:Link FA