A galiña azul (escolas): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
{{atención|cómpre actualizar a información, xa que pasarán a depender da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria}}
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2009 ás 14:31

Logotipo da Galescola, rede galega de escolas infantís.

As galescolas son centros de educación infantil de titularidade pública dirixidos a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

A rede de galescolas está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008.

É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde a internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.

O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as galescolas comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.

Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.

Para o curso 2008-2009 está previsto que funcionen 58 Galescolas cunha oferta de 2733 prazas atendidas por 472 traballadores.

Lingua

A lingua de comunicación é o galego.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas