Diferenzas entre revisións de «Afección (hobby)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
amateur non é correcto
m (bot Engadido: io:Hobio)
m (amateur non é correcto)
Unha '''afección''', tamén coñecida como '''hobby''' ou '''pasatempo''', é unha actividade humana que ten como fin principal o [[entretemento]] da persoa que a realiza e que ocupa, normalmente, o seu tempo de [[lecer]]. Esta actividade realízase de maneira habitual e non sempre procura unha finalidade produtiva concreta. Do mesmo xeito, moitas actividades poden ter unha vertente profesional ou produtiva e outra propia da do pasatempo, así a [[cociña]] ou a [[programación]] de [[computadore]]s poden ser para unha persoa unha [[profesión]], unha afección ou, mesmo, as dúas cousas a un tempo.
 
Xeralmente o termo '''aficionado''' ou '''''amateur''''' aplícase paraa todas aquelas actividades practicadas sen un carácter profesional, isto é coma unha simple afección persoal. Desta maneira pódese ditinguir, por exemplo, un deportista aficionado ou amateur coma aquel que practica algún deporte para pasar o tempo, daquel que o fai por motivacións económicas.
 
==Tipos de afección==
 
===Xogos===
Son actividades recreativas estruturadas (ou semiestruturadas) cun fin lúdico (aínda que as veces poidan ter tamén unha finalidade de entrenamento mental ou físico). O que identifica e define a cada [[xogo]] son os obxectivos que os xogadores deben atinxir respectando unha serie de regras dadas. Deste xeito pódense distinguir unha enorme variedade de xogos: [[videoxogo]]s, xogos de mesa, de rol, de simulación, de estratexia, etc. Algúns xogos destacados son: o [[xadrez]], o [[tetris]], as [[damas]], [[parchís]], [[tute]], [[sete e medio]], [[póker]], o [[backgammon]], [[dominó]], [[Dragóns e mazmorrasalxubes]], etc.
 
Algúns xogos supoñen a realización de actividades físicas o que fai que a fronteira entre xogo e deporte sexa ás veces moi difícil de establecer ou que se inclúan todos os deportes como xogos. De feito moitos deportes comezaron como xogos. Así na fronteira entre o xogo popular e o deporte: a [[chave]], a [[billarda]], a [[petanca]], o [[brilé]], etc. E xa como deportes que son practicados coma unha afección: [[fútbol]], [[balonmán]], [[baloncesto]], [[atletismo]], etc.
5.354

edicións

Menú de navegación