Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
data morte
Xas (conversa | contribucións)
data
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Ponteareas 01-05b.jpg|thumb|250px|Gabino Bugallal (Ponteareas)]]
[[Ficheiro:Ponteareas 01-05b.jpg|thumb|250px|Gabino Bugallal (Ponteareas)]]
'''Gabino Bugallal Araújo''', nado en [[Ponteareas]] o [[19 de febreiro]] de [[1861]] e falecido en [[París]] o [[31 de xuño]] de [[1932]], foi un avogado e político galego.
'''Gabino Bugallal Araújo''', nado en [[Ponteareas]] o [[19 de febreiro]] de [[1861]] e falecido en [[París]] o [[30 de xuño]] de [[1932]], foi un avogado e político galego.


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Liña 13: Liña 13:
{{Sucesión | título = [[Presidente do Goberno de España]] | período = [[1921]] | predecesor = [[Eduardo Dato Iradier]] | sucesor = [[Manuel Allendesalazar Muñoz]] }}
{{Sucesión | título = [[Presidente do Goberno de España]] | período = [[1921]] | predecesor = [[Eduardo Dato Iradier]] | sucesor = [[Manuel Allendesalazar Muñoz]] }}


[[Categoría:Presidentes de España|Bugallal, Gabino]]
{{DEFAULTSORT:Bugallal, Gabino}}
[[Categoría:Ministros de España|Bugallal, Gabino]]
[[Categoría:Presidentes de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]


[[ca:Gabino Bugallal Araujo]]
[[ca:Gabino Bugallal Araujo]]

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2009 ás 18:36

Gabino Bugallal (Ponteareas)

Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Predecesor:
Eduardo Dato Iradier
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz