Río Guadalquivir: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: es:Guadalquivir (río) |
m bot Modificado: es:Guadalquivir |
||
Liña 57: | Liña 57: | ||
[[en:Guadalquivir]] |
[[en:Guadalquivir]] |
||
[[eo:Guadalquivir]] |
[[eo:Guadalquivir]] |
||
[[es:Guadalquivir |
[[es:Guadalquivir]] |
||
[[et:Guadalquivir]] |
[[et:Guadalquivir]] |
||
[[eu:Guadalquivir]] |
[[eu:Guadalquivir]] |
Revisión como estaba o 27 de outubro de 2009 ás 23:08
O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.
Percorrido
Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Jaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.
O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da península Ibérica, como os fenicios, tartesos, iberos, romanos ou árabes.
Afluentes
Pola beira esquerda: Guadiana Menor, Guadalbullón, Guadajoz, Genil, Corbones, Guadaira.
Pola beira dereita: Guadalimar, Jándula, Yeguas, Guadalmellato, Guadiato, Bembézar, Viar, Rivera de Huelva, e Guadiamar.
Localidades importantes nas beiras
Provincia de Jaén: Mengíbar, Villanueva de la Reina, Andújar, Marmolejo e Santo Tomé.
Provincia de Córdoba: Villa del Río, Montoro, El Carpio, Córdoba e Palma del Río.
Provincia de Sevilla: Peñaflor, Lora del Río, Villaverde del Río, Brenes, Alcalá del Río, La Rinconada, La Algaba, Camas, Sevilla, San Juan de Aznalfarache, Gelves, Coria del Río e La Puebla del Río.
Provincia de Cádiz: Sanlúcar de Barrameda e Trebujena.
Protección medioambiental
Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Nacional da Serra de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.