Tocantins: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: war:Tocantins (Estado) |
m bot Engadido: sw:Tocantins |
||
Liña 93: | Liña 93: | ||
[[sr:Токантинс]] |
[[sr:Токантинс]] |
||
[[sv:Tocantins (delstat)]] |
[[sv:Tocantins (delstat)]] |
||
[[sw:Tocantins]] |
|||
[[tg:Токантинс]] |
[[tg:Токантинс]] |
||
[[uk:Токантінс (штат)]] |
[[uk:Токантінс (штат)]] |
Revisión como estaba o 27 de outubro de 2009 ás 01:40
| |||
Capital | Palmas | ||
Área: | 278.420,7 km² | ||
Poboación | 1.157.690 (Censo 2000) | ||
Fuso horario | GMT-3 | ||
Gobernador | Marcelo Miranda | ||
Internet | http://www.to.gov.br | ||
Mapa de Tocantins en Brasil | |||
---|---|---|---|
Tocantins é un estado brasileiro situado ao suleste da Rexión Norte. Ten como límites: Maranhão (N e NE), Piauí e Bahia (L), Goiás (S), Mato Groso (SO) e Pará (NO). As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas.
Historia
A poboación orixinaria estaba constituída polos grupos apinagé, carajá, xerente, krahô e outros. Os primeiros brancos en aparecer pola rexión foron os misioneiros xesuítas en 1625 coa finalidade de converter ao cristianismo á poboación indíxena que pouco a pouco foise convertendo en minoritaria fronte aos brancos, negros e mestizos.
Integrado no estado de Goiás, as primeiras ideas de autonomía para a rexión do actual estado do Tocantins surxiron no século XIX. En 1821 Joaquim Teotônio Segurado declarou un goberno autónomo na rexión, pero o movemento foi reprimido. Soamente no século XX, máis exactamente en 1950, foi retomada a idea. Durante a década de 1970 propúxose no Congreso Nacional a creación do estado que chegou a se aprobar, pero o proxecto foi vetado polo presidente José Sarney.
O estado creouse finalmente coa promulgación da constitución de 1988.
Economía
A economía ten por base o comercio e a agricultura (soxa, arroz, millo, feixón, cana de azucre), a gandería e cría de aves. As principais riquezas de exportación son o gando de corte e a soxa. A industria é relativamente pouco importante en termos de exportación (téxtiles, alimentos, minerais non metálicos, química, construción civil, son as principais). O estado tamén ten reservas minerais de ouro e calcáreo, e extracción vexetal de palma de babasú.
Turismo
O turismo ten potencial na rexión de paisaxes naturais do Jalapão, e nos seus ríos, como o río Araguaia e o río Tocantins, pero é moi pouco divulgado no propio Brasil, e menos aínda no exterior.
Oficial Site - to.gov.br