Composición musical: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: an:Compositor
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: jbo:zgifi'i
Liña 37: Liña 37:
[[it:Compositore]]
[[it:Compositore]]
[[ja:作曲家]]
[[ja:作曲家]]
[[jbo:zgifi'i]]
[[ka:კომპოზიტორი]]
[[ka:კომპოზიტორი]]
[[ko:작곡가]]
[[ko:작곡가]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2009 ás 00:28

Clave de Sol

Denomínase compositor a alguén que compón ou crea música.

O concepto de composición musical varía significativamente dentro dos disintos xéneros, xurdindo así novos ámbitos a ter en conta tales como os dereitos de autor ou as interpretacións individuais dunha particular peza de música, as reversións. Por exemplo, no desenvolvemento da música clásica, a función de compoñer música nos comezos non tivo a importancia que tiña a execución. Conservar as composicións individuais recibiu pouca atención, e os músicos xeralmente non tiñan reparos en modificar as súas obras para a execución. Co tempo, non obstante, a notación escrita do compositor chegou a dar instrucións moi estritas, que os executantes non deberían abandonar sen unha boa razón. Este criterio, por outra banda, podía cualificarse nalgúns casos como purista. Por iso, o papel do compositor foi facéndose cada vez máis importante, unido xeralmente ao seu prestixio como intérprete: no clasicismo foi adquirindo unha crecente importancia. Co romanticismo, o compositor tornou unha personaxe case mítica -case un gurú-; velaí o exemplo de Ludwig van Beethoven. O termo compositor está asi mesmo referido especificamente ao compositor na tradición occidental da música clásica, como tamén na música de cinema, de videoxogos e case calquera outra.