Eugène Delacroix: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Eugène Delacroix
Liña 32: Liña 32:
[[es:Eugène Delacroix]]
[[es:Eugène Delacroix]]
[[et:Eugène Delacroix]]
[[et:Eugène Delacroix]]
[[eu:Eugène Delacroix]]
[[fa:اوژن دولاکروا]]
[[fa:اوژن دولاکروا]]
[[fi:Eugène Delacroix]]
[[fi:Eugène Delacroix]]

Revisión como estaba o 20 de outubro de 2009 ás 11:57

Autorretrato
Mademoiselle Rose
Eugène Delacroix. Fotografía de Félix Nadar

Ferdinand Victor Eugène Delacroix, nado o 26 de abril 1798 e morto o 13 de agosto de 1863, foi un pintor francés, o máis importante dos pintores románticos.

Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde Théodore Géricault e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admira: Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. Raymond Soulier iniciouno na acuarela.

O artista frecuenta os salóns literarios onde coñece a Stendhal, Mérimée, Victor Hugo, Alexandre Dumas, Baudelaire. Melómano apaixonado, relaciónase con Paganini, e Frédéric Chopin, e outros, dos que fai os seus retratos. Delacroix prefire a amizade de músicos, escritores e poetas á dos pintores da súa época.

En 1822, Delacroix expón, por primeira vez, Dante e Virxilio nos infernos, unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta As matanzas de Quíos, unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o romanticismo e o clasicismo, entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.

En 1827 expón A morte de Sardanápalo, un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao pastel e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en 1847 a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou un grave deterioro do cadro, e unha difícil restauración.