Ártico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: kk:Арктика
JPG →SVG
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:arctic.jpg|thumb|200px|right|A liña vermella indica a isterma de 10°C en xullo]]
[[Ficheiro:arctic.svg|thumb|200px|right|A liña vermella indica a isterma de 10°C en xullo]]


[[Ficheiro:Arctica surface.jpg|thumb|200px|right|Imaxe de satélite]]
[[Ficheiro:Arctica surface.jpg|thumb|200px|right|Imaxe de satélite]]

Revisión como estaba o 17 de outubro de 2009 ás 18:22

A liña vermella indica a isterma de 10°C en xullo
Imaxe de satélite

O Ártico (do grego ἄρκτος "oso, osa", en referencia á constelación da Osa Menor á que pertence a Estrela Polar) é a rexión que rodea o Polo Norte da Terra. Inclúe partes de Canadá, Grenlandia (que é un territorio dinamarqués, Noruega, Suecia e Finlandia, asi como o océano Ártico.

Existen numerosas definicións da rexión ártica. Considérase xeralmente que o seu limite está ao norte do Círculo Polar Ártico (66° 33’N), que é o limite do sol de medianoite e a noite polar. Outras definicións baséanse no clima e a ecoloxía, como a isoterma 10 °C de xullo, que tamén corresponde aproximadamente coa liña de árbores na maior parte do Ártico. Socialmente e politicamente, a rexión ártica inclúe os territorios septentrionais de oito estados, incluindo Laponia, ainda que, segundo as definicións científicas, moito deste territorio é realmente subártico.

O Ártico é fundamentalmente un oceano recoberto de xelo e rodeado de terra xelada e desprovista de árbores. A vida é abondosa e inclúe organismos que viven no xelo, peixes e mamíferos mariños, páxaros, animais terrestres e comunidades humanas.

A rexión ártica é, pola súa natureza, unha área única. As culturas da rexión e os pobos indíxenas do ártico téñense adaptado ás súas condicións frías extremas. Ten un papel relevante no equilibrio físico, químico e biolóxico do mundo. Reacciona sensibelmente ás mudanzas no clima, que repercuten de volta na situación global do ambiente. Desde a perspectiva da investigación na mudanza climática, a rexión ártica considérase un sistema de aviso temperán.

Véxase tamén